Oceansize foi unha banda de rock inglesa procedente de Manchester e formada no ano 1998. Estaba composta por Mike Vennart (voces, guitarra), Steve Durose (guitarra, coros, Richard "Gambler" Ingram (guitarra, teclados), Mark Heron (batería) e Steve Hodson (baixo). Ata a súa disolución como banda en febreiro de 2011 editou catro álbums de estudio ademais dun feixe de EPs e sinxelos. O grupo ten sido categorizado como de rock progresivo, post-rock, rock alternativo, new prog e space rock, entre outros xéneros. O nome da banda está sacado da canción de Jane's Addiction "Ocean Size".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Effloresce 2003 Beggars Banquet Records Everyone into Position 2005 Beggars Banquet Records Frames 2007 Superball Music Self Preserved While the Bodies Float Up 2010 Superball Music

EPs Amputee - 1999 A Very Still Movement - 2001 (Soviet Union) Relapse - 2002 (Beggars Banquet) Music for Nurses - 2004 (Beggars Banquet) Home & Minor - 2009 (Superball Music)

Box Sets Feed to Feed - 2009

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais formados en 1998