miniatura|Joan Baez con Bob Dylan, 1963.
Joan Chandos Báez, nada en Staten Island (Nova York) o 9 de xaneiro de 1941, é unha cantante estadounidense de folk, chamada a raíña da canción protesta e coñecida pola súa actividade pública a prol do pacifismo.
Traxectoria O seu pai Albert Baez rexeitou traballar por conviccións persoais no Proxecto Manhattan para desenvolver a bomba atómica, así como en lucrativos postos da industria armamentística, feitos que influíron na súa filla.
En 1951 foi vivir a Bagdad durante un ano, e á volta instalouse coa súa familia en California. En 1958 a súa familia trasladouse a Belmont (Massachusetts), nese momento a capital da música folk americana, e Baez comezou a cantar en clubs locais. Nun club de Cambridge gravou o seu primeiro tema xunto con outros artistas. En 1959 participou no Festival Folk de Newport e gravou o seu primeiro álbum, Joan Baez. En 1962 saíu o segundo álbum, Joan Baez, Vol. 2 e o terceiro Joan Baez in Concert, parts 1 and 2. Pacifisca convencida opúxose á intervención norteamericana no Vietnam (1964)
O 5 de marzo de 2010, durante un concerto no Teatro García Barbón de Vigo, fixo unha versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro, baseada na adaptación musical de Amancio PradaVídeo de Joan Baez cantando "Adiós ríos adiós fontes", 5 de marzo de 2010..
Discografía miniatura|Joan en 1963 miniatura|Joan en 2003
Joan Baez (1960) Joan Baez 2 (1961) In Concert (1962) In Concert (1963) Joan Baez 5 (1964) Farewell Angelina (1965) Noel (1966) Joan (1967) Baptism (1968) Any Day Now (1968) David's Album (1969) One Day at a Time (1970) The First Ten Years (1970) Blessed Are (1971) Carry It On (1972) Come from the Shadows (A&M) (1972) The Ballad Book (Vanguard) (1972) Where Are You Now, My Son? (1973) Hits, the Greatest and Others(1973) Gracias a la Vida (Here's to Life) (A&M) (1974) Diamonds and Rust (1975) Live in Japan (Vanguard) (1975) Love Song Album (1976) From Every Stage (A&M) (1976) Gulf Winds (1976) Blowing Away (Portrait) (1977) Best of Joan Baez (A&M) (1977) Honest Lullaby (Portrait) (1979) Country Music (Vanguard) (1979) Rare, Live and Classic (1993)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Web oficial de Joan Baez (en inglés)
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Staten Island Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Activistas contra a pobreza