O código Da Vinci (título orixinal en ), é unha novela do escritor norteamericano Dan Brown, publicada por Doubleday en 2003. Converteuse nun éxito de vendas internacional, vendéronse entre 18 e 25 millóns de exemplares ata abril de 2005, e traduciuse a 44 linguas. A obra combina o xénero detectivesco coa teoría da conspiración, a novela deu pulo a certas teorías sobre o Santo Graal e o papel de María Magdalena na historia do cristianismo.

Foi traducida ao galego por Carlos Acevedo, Fernando Moreiras e Eva Almazán e publicada pola editorial El Aleph para a editorial Empuries en 2004, que posúe os dereitos de copia para tódalas linguas estatais menos o castelán.

Sinopse A novela relata a procura que realizan un profesor de simboloxía, Robert Langdon e unha criptóloga, Sophie Neveu para atopar un segredo que se mantivo oculto dende hai moito por unha antiga irmandade, o Priorado de Sión.

Filme

Columbia Pictures adaptou a novela ó cinema, cun guión escrito por Akiva Goldsman, e dirixido por Ron Howard. O filme estreouse o 19 de maio do 2006,BoxOfficeMojo.com e protagonizárono Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.

Notas

Véxase tamén Outros artigos The Da Vinci Code (videoxogo) Ligazóns externas Dan Brown and Da Vinci Code by editors of the Rosslyn Templars, from the 'Rosslyn Templars' 'I've cracked the code: it's rubbish' by Christopher Howse, from The Daily Telegraph Christianity Today - Breaking The Da Vinci Code The Da Vinci Code by the BBC Leadership U - Was Jesus Married? by Darrell L. Bock Ph.D.

Categoría:Obras literarias de 2003 Categoría:Novelas de Dan Brown Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego