Quett Ketumile Joni Masire, nado en Kanye o 23 de xullo de 1925 e finado en Gaborone o 22 de xuño de 2017 foi un político botswaniano, segundo presidente de Botswana entre 1980 e 1998, ano no que renunciou e foi substituído polo daquela vicepresidente Festus Mogae.
Traxectoria Naceu na pequena cidade de Kanye. Foi profesor e director da escola secundaria de Seepapitso. En 1965 foi un dos fundadores do Partido Democrático de Botswana (BDP). Cando Botswana obtivo a súa independencia, Masire tornouse vicepresidente do país.
Coa morte do presidente Seretse Khama o 13 de xullo 1980, Masire foi escolleito presidente do país. Gobernou até 1998, ano no que renunciou.
Logo da súa saída da presidencia, converteuse nun activo diplomático, actuando como mediador na guerra civil da República Democrática do Congo. En 2007 foi nomeado pola Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral como mediador da disputa política en LesothoMoabi Phia, "Former Botswana leader to mediate in Lesotho" , Reuters (IOL), 22 June 2007..
Faleceu o 22 de xuño de 2017 en Gaborone, aos 91 anos de idade.
Notas
Categoría:Presidentes de Botswana Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Botswana