miniatura|dereita|Porcentaxe de persoas de cabelos loiros en diferentes rexións de Europa, de acordo co antropólogo da Universidade de St Andrews, Peter Frost:
miniatura|dereita|Nena loura. Louro ou loiro Non obstante, a forma recomendada é louro/a. (do latín Laurus) é unha cor do cabelo humano que oscila entre o amarelo e o castaño claro, caracterizada por baixos niveis de pigmentos escuros (eumelanina) e altos niveis de feomelanina .
Do acastañado-claro ao louro clarísimo, os distintos graos de louro se atopan naturalmente en menos de 2% da poboación adulta de todo o mundo.
Outros termos para persoas louras son laurícomos e lauricápilos (do latín, laurus, 'o loureiro', e o grego κόμη cómê, 'cabeleira', e capilum, 'pelo'), flavícomos (de flavus, 'amarelo'), fulvícomos (de fulvius, cor de lume) e blondícomos (blundus).
Orixes
Os cabelos louros teñen lugar, por suposto, en humanos de todas as etnias, pero nun grao tan pequeno que é difícil de ser notado na maior parte das poboacións. En Escandinavia e nos países do mar Báltico, a aparición de cabelos loiros é máis frecuente. É unha das características dalgúns fenotipos nos individuos brancos caucásicos.
Baseado en recentes estudos xenéticos, é probable que humanos con cabelos louros tornáronse máis numerosos en Europa aproximadamente hai once mil anos, durante a última Idade do xeo.
Distribución polo mundo
Os cabelos louros son unha característica das poboacións do norte de Europa, de Europa Central e Oriental, nas poboacións bérberes do norte de África, en Asia principalmente entre os pachtuns e os Nuristani. Ademais de Europa, os descendentes de europeos que se espallaron polo mundo tamén poden presentar cabelos claros, principalmente nos Estados Unidos, Canadá, Australia, Nova Zelandia e outros países de colonización anglosaxoa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cor do pelo Cabelo Rubio
Categoría:Cor de pelo