María Francisca Gabaldón Serer, coñecida como Paca Gabaldón, nada en Barcelona o 10 de maio de 1949, é unha actriz catalá.
Traxectoria Os seus primeiros anos de vida transcorreron en diferentes países: Turquía, Italia, a Arxentina, Chile e o Perú. Ao longo deste periplo, foi iniciando a súa formación como artista, con clases de Arte Dramática, dicción e canto. Precisamente foi no Perú, onde debutou diante dunha cámara, na película Ganarás el pan. Regresa ao Estado Español en 1967 e, da man de Enrique Martí Maqueda -de quen foi parella durante sete anos-, comezou a traballar en Televisión Española como presentadora, baixo o nome artístico de Mary Francis.
Véxase tamén Ligazóns externas Filmografía da actriz
Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1949