7:35 de la mañana é unha curtametraxe escrita e dirixida polo director cántabro Nacho Vigalondo. Ten unha duración de 8 minutos e está gravado en branco e negro, a historia está filmada nun único escenario representando unha cafetaría. Obtivo varios premios e mencións en festivais de cinema, pero sen dúbida o máis significativo e importante foi a candidatura ao Oscar en 2004.

Argumento

A curtametraxe conta a historia dunha muller (Marta Belenguer) que, como cada mañá, chega á súa cafetaría de sempre e pide o mesmo de cada día. A diferenza hoxe é que todo o mundo está calado, ninguén se move nin fala, ata que un dos clientes (Nacho Vigalondo) comeza a cantar o que parece unha declaración amorosa.

Toda a curtametraxe xira arredor da canción que están a cantar o protagonista e mailos clientes da cafetaría.

Premios Premio do público á mellor curtametraxe no Festival de cinema fantástico de Suecia. Premio á mellor curtametraxe no festival Cinema Jove de Valencia. Candidata ao Oscar á mellor curtametraxe Candidata a mellor curtametraxe europea.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Nacho Vigalondo