dereita|miniatura|O escritor portugués cando foi recoñecido como Arraiano Maior da Raia Seca (Entrimo, 2011). Bento Gonçalves da Cruz, nado en Peirezes (Montalegre) o 22 de febreiro de 1925 e finado en Porto o 25 de agosto de 2015"Finou Bento da Cruz, o portugués que narrou a guerrilla antifranquista galega" , Sermos Galiza, 26 de agosto de 2015., foi un escritor e médico portugués.
Traxectoria Ingresou no seminario con 15 anos, onde permaneceu ata os 21. En 1948 comezou a estudar Medicina na Universidade de Coímbra, rematando en 1955. Despois de exercer como médico na rexión de Barroso, estableceuse en Porto en 1971. Tras xubilarse viviu na súa aldea natal, na casa restaurada que pertencera ao seu avó.
Obra Poesía
Hemoptise (1959, baixo o pseudónimo de Sabiel Truta).
Narrativa Planalto em Chamas (1963) Ao Longo da Fronteira (1964) Filhas de Loth (1967) Contos de Gostofrio (1973; Premio Fialho de Almeida da Sociedade Portuguesa de Escritores Médicos) O lobo guerrilleiro (1980; Premio Diário de Notícias 1991 e Premio de Ficção da Sociedade Portuguesa de Escritores e Artistas Médicos). Editado en galego por Xerais. Tradución de Moncha Fuentes. Planalto do Gostofrio (1982) Histórias da Vermelhinha (1991) Planalto de Gostofrio (1992) Histórias de Lana-Caprina (1994) O Retábulo das Virgens Loucas (1996; Premio Literario (Ficción) da Câmara Municipal de Montalegre) A loba (1999; Premio Eixo Atlántico, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente). A Lenda de Hiran e Belkiss (2005) A Fárria (2010) (conmemoración dos 50 anos de vida literaria)
Biografía Victor Branco: Escritor Barrosão, Vida e Obra (1995; Premio Literario de Investigação da Câmara Municipal de Montalegre) Guerrilheiros antifranquistas em Trás-os-Montes (2005) Camilo Castelo Branco: Por terras do Barroso e outros lugares (2012)
Crónicas Prolegómenos (2007) Prolegómenos II (2009) Prolegómenos III (2013)
Premios Xuíz honorario do Couto Mixto no 2000 Arraiano maior no 2011
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bento da Cruz. Páxina oficial no Facebook Ficha do autor en Xerais Un lobo ouvea no planalto
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados no distrito de Vila Real