Jesús Gende París, nado en Abegondo (A Coruña) en 1981, é un ex xogador e actual adestrador de hóckey a patíns galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Militou durante 16 anos no H.C. Liceo, ao que chegou sendo un neno, procedente do Club Patín Ordes. Na parte final da súa carreira xogou no CP Cerceda.

Traxectoria Jesús Gende comezou a súa carreira como xogador de hóckey en Ordes, nas categorías inferiores do Club Patín Ordes. Cando aínda pertencía ás categorías inferiores fichou polo H.C. Liceo e subiu ao primeiro equipo xunto con Josep Lamas e Josama Alén. Co club liceísta gañou a Copa de Europa, a Intercontinental, a Supercopa de Europa, a Copa CERS e a Copa do Rei.

Tras 16 anos no Liceo fichou en 2010 polo CP Cerceda, club creado a tempada anterior e que acababa de descender á Primeira División (2ª categoría do hóckey español). Xogou tres anos no club cercedense, e cando estaba a piques de lograr o ascenso á máxima categoría tivo que retirarse do hóckey por problemas nas costas.

Dende 2014 adestra ao RHC Dorbinrn, da Liga Austríaca, equipo no que tamén xogou.

Equipos Club Patín Ordes H.C. Liceo: 1994-2010 CP Cerceda: 2010-2013

Palmarés HC Liceo 1 Copa de Europa (2002-03) 1 Copa do Rei (2003-04) 1 Copa Intercontinental (2003-04) 1 Supercopa de Europa (2003-04) 1 Copa CERS (2009-10) 2 Copa Galiza (2009 e 2010)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista a Jesús Gende en La Opinión da Coruña Entrevista a Jesús Gende no Foro dos Siareiros do Liceo

Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Xogadores do CP Cerceda