210px|dereita|miniatura|Dan Carter cos Crusaders no Super Rugby.

Dan Carter, nado en Leeston, preto de Christchurch, o 5 de marzo de 1982, é un xogador neozelandés de rugby. É máximo anotador da historia da selección de rugby de Nova Zelandia, dos Crusaders e do Super Rugby. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo no ano 2005 pola IRB, e ven de superar a Jonny Wilkinson como máximo anotador de puntos da historia.

Traxectoria Carter debutou co Canterbury RFU na liga neozelandesa de rugby, a NPC, no ano 1999. Dous anos despois, no ano 2001 tamén debutou cos Canterbury Crusaders no Super 12, e foi chamado por primeira vez para xogar cos All Blacks no 2003 na posición de centro. Considerado unha das meirandes superestrelas deste deporte dende o comezo do profesionalismo, é xunto a Jonny Wilkinson un dos dous grandes aperturas do século XXI. No 2009 asinou un contrato de 6 meses co USA Perpignan francés, aínda que só xogou 5 partidos antes de lesionarse. El volveu a Nova Zelandia para xogar na NPC unha vez recuperado, mentres que Perpignan gañaba o Top 14.

EquiposTempadasTítulosCanterbury RFU 1999 - 4 NPC (2001, 2004, 2008, 2009)Crusaders 2001 - 4 Super Rugby (2002, 2005, 2006, 2008)All Blacks 2003 - 6 Tri Nations (2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010)

Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de Nova Zelandia Xogador Internacional do Ano da IRB Ligazóns externas Perfil de Daniel Carter en AllBlacks.com

Carter