El Imparcial é un histórico restaurante da comunidade galega en Buenos Aires, e o máis antigo local de comidas da cidade que mantén o mesmo nomeEl Imparcial , Web 'Buenos Aires te invita'..
Historia En 1860 fundouno na rúa Hipólito Yrigoyen (daquela chamada Victoria), próxima á actual Plaza de Mayo, o emigrante Manuel García, que chegara á Arxentina en 1856. O seu nome recibiuno pola vontade do propietario de acoller a todos os congresistas do veciño Congreso da Nación Arxentina, sen que importase a cor política. O restaurante especializouse dende o comezo en comida galegaSiglo y medio de cocidos porteños, El País, 24/11/2010..
A finais do século XIX o restaurante pasou a mans dos fillos de Manuel García (Manuel García II e Severino García, quen logo se convertería en propietario único). O restaurante trasladouse en 1933 a outro local da mesma rúa, neste caso facendo esquina coa rúa Salta. En 1965Los 150 años del Restaurante Imparcial , Web Barriada.com, 19/11/2010. produciuse un derrubamento no inmoble que pechou o restaurante ata 1969.
Refundouno nese ano o empresario Joaquín Barreiro, un exiliado da Guerra Civil española que proviña da parroquia de Morgadáns. Entre os seus propietarios actuais está o tamén galego Armando Amoedo.
Notas
Categoría:Emigración galega Categoría:Buenos Aires