miniatura|Autobús destruído durante a ocupación pola policía de Vila Cruzeirominiatura|A policía entre en Vila Cruzeiro miniatura|Policías entrando no Complexo do Alemão

O Conflito en Río de Xaneiro foron actos de violencia organizada que aconteceron na Rexión Metropolitana do Río de Xaneiro a partir da noite do sábado día 20 de novembro de 2010. Certos xornais e os medios internacionais denominaron a esta situación Guerra do Río de Xaneiro.Imprensa mundial destaca pânico e clima de guerra no Rio de Janeiro - 26/11/2010

Sucesos Nesa data bandas vencelladas ó tráfico de drogas tentaron promover un roubo colectivo a condutores, fenómeno coñecido na rexión como arrastão, na estrada Río-Magé (tramo da BR-116), en Duque de Caxias, causando a morte dun condutorMotorista morre em tentativa de arrastão na Estrada Rio-Magé, altura de Caxias - 21/11/2010 . Segundo as testemuñas, a tarde do domingo seis homes que portaban rifles abordaron tres automóbiles en Liña Vermella, á altura da estrada Washington Luís. O grupo prendeu lume a dous vehículos e envorcou outro. Na fuga, disparáronlle a un coche oficial do Comando da Aeronáuticabandidos armados põem fogo em carros na Linha Vermelha - 25/11/2010 . Desde entón foron incendiados polo menos 89 vehículos e 39 sospeitosos morreron nos enfrontamentosViolência entre polícia e traficantes no Rio de Janeiro já fez 39 mortos 26/11/2010 . Dos 200 detidos, 70 foron á cadeaRio oferece abrigo a moradores de bairro invadido por criminosos - 25/11/2010 .

Nunha entrevista co Jornal Nacional, da Rede Globo, o 24 de novembro, o gobernador do estado do Río de Xaneiro, Sérgio Cabral Filho, declarou que pediu o apoio loxístico da Mariña do Brasil, que o ministro de Defensa Nelson Jobim garantiu, nas operacións de represión da vaga de violenciaGovernador do Rio pede apoio à Marinha em entrevista à TV‎ - 26/11/2010 . Recorrer á Mariña para combater o tráfico e o crime nas favelas foi unha decisión inédita no paísDefesa diz que pode avaliar envio de tropas ao Rio se estado pedir‎ - 25/11/2010 'A gente sabe onde quer chegar', diz Beltrame - 25/11/2010 .

O día 25 de novembro realizouse a maior ofensiva da Policía Militar, co seu Batallón de Operacións Policiais Especiais, e da Policía Civil, en colaboración coa Unidade de Policía pacificadora e, sobre todo a Mariña. Esta facilitou seis blindados e un grupo de marines para amparar na loxística da operación, que resultou na toma de Vila Cruzeiro, ata entón en poder dos traficantes. Preto de 500 policías participaron na acciónBeltrame agradece Marinha e diz que operações no Rio vão continuar - 25/11/2010 . Co apoio da Mariña, a policía ocupou ese reduto dos criminais e puxo cerco ao Complexo do Alemão, para onde fuxiran os bandidosNo terceiro dia de cerco ao Alemão, coordenador do AfroReggae vai à comunidade da Grota 27-11-2010 . Despois dun ultimato emitido pola policía rendéronse trinta e un traficantesTrinta e um traficantes já se renderam no Alemão, diz deputado do Rio 27/11/2010. Tras un intercambio de fogo, 2.600 policías e militares invadiron a área ás 08:00 do 28 de novembro, ocupándoa ás poucas horas sen apenas resistenciaForças de segurança ocupam outro reduto do crime no Rio 28/11/2010 .

Notas

Categoría:Conflitos en 2010 Categoría:Brasil