Syra María Alonso Brufau, nada na Coruña en 1899 e finada en México en 1970, foi unha escritora galega.

Traxectoria Procedía dunha familia da burguesía comercial coruñesa. A súa vida emparéllase coa do artista Francisco Miguel, co que casou en 1920.Repertorio biobibliográfico do exilio galego 2001, CCG. Despois viaxaron a Montparnasse, París (1923), e Cuba, até deterse en 1926 nun México eufórico no que destaca a convivencia con David Alfaro Siqueiros e a poeta Blanca Luz Brum que marca as súas vidas. Durante a súa estadía en México coñeceu ao cineasta Sergei Eisenstein, que se apaixona por ela. Syra ten tres fillos e Francisco Miguel retrátaa unha morea de veces no amplo álbum de debuxos nos que se adiviña a súa imaxe. O 10 de novembro de 1933 a parella embarcou cos seus cativos no vapor Cristóbal Colón para regresar a Galicia. Establecen a súa residencia no Porto de Santa Cruz (Oleiros), na que Syra chama a Casa da Felicidade, nome que sería lembrado despois por ela con nostalxia. miniatura|"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo"Memoria de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 16/8/2015. O 3 de agosto de 1936 a Garda Civil detén a Francisco Miguel acusado de actuar contra o réxime militar golpista, sendo fusilado o 28 de setembro. Dous anos despois, Syra comezou a escribir un diario no que recolleu o período de agochamento en Galicia ata que conseguiu saír cos seus fillos de novo para México en 1942, vía Lisboa. Despois de vivir en Actopán, residiu en distintos domicilios de Cidade de México e Cuernavaca. Os últimos anos pasounos en México D.F., ata a súa morte producida por un cancro de ósos.

No ano 2000 a editorial A Nosa Terra publicou Syra Alonso: Diarios, con tradución de Anxos Sumai. Ficha na web de Casa del Libro En 2025 Alvarellos publicou Diarios 1938 e 1945, que actualiza e amplía o anterior; ao ano seguinte a mesma editorial lanza a versión en castelán, baixo o título El mar tenía un amargo sabor a lágrimas, coordinadas por Conrado J. Arranz con 200 páxinas novas que relatan a infancia da escritora, a vida en Coruña e as estadías en París, México e Madrid.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alonso, Syra; Conrado J. Arranz (coord.) (2026). El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Santiago de Compostela: Alvarellos editora. ISBN 978-84-18567-98-8

Outros artigos Francisco Miguel Ligazóns externas

Vidal, Carme. no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega, 2006. Repertorio biobibliográfico do exilio galego CCG.

Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1970 Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá