Baguio é unha cidade do norte de Luzón, en Filipinas. A cidade fundáronna os estadounidenses en 1909, é a capital de verán de Filipinas, ademais na cidade está o goberno da rexión administrativa da Cordillera. En 2015 tiña 345 366 habitantes e ten unha superficie de 49 km². A altitude media é de 1500 m e a temperatura varía entre os 8 e o 26 °C. A cidade está rodeada pola provincia de Benguet, pero Baguio non pertence a ningunha provincia.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web da cidade

Categoría:Xeografía de Filipinas