Eugenio Rufino Serrano de Casanova, nado en Neda en 1841 e finado en Barcelona en 1920, foi un militar e empresario galego, coñecido por ser o impulsor da Exposición Universal de Barcelona de 1888.

Traxectoria Fillo doo curtidor Martín Serrano, que foi alcalde de Neda en dúas ocasiónsEntrevista a Juan Prados Tizón, Radiofusión., tivo oito irmáns máis. Despois de comezar a estudar en FerrolEugenio Serrano de Casanova, nedense universal , Radiofusión., aos 18 anos (1859) marchou a Madrid para facer estudos de perito mercantil. Ao pouco alistouse no exército onde consegue un posto como capitán da administración militar. Tras o exilio de Isabel II, pasouse ao exército carlista e marchou a Barcelona, onde se implicou no proceso que levou á Terceira Guerra Carlista.

Antes de que estourase o novo levantamento apartouse do carlismo e marchou a París, onde creou a revista Gazette des touristes, dedicada ao turismo termal. Como parte das súas actividades empresariais, en 1873 acudiu á Exposición Universal de Viena, un feito que o marcou persoal e profesionalmente para toda a vida. Foi secretario da Exposición Universal de Filadelfia en 1876 e actuou como delegado rexio en todas as exposicións celebradas en Europa: Frankfurt, Bordeos, Ámsterdam, Niza, Liverpool, así como nas exposicións universais de París (1878) e de Antuerpe (1885)."El gallego que transformó Barcelona", El País, 25 de novembro do 2010, edición Galicia

Nese ano trasladouse a Barcelona coa idea de promover unha exposición universal na capital catalá, onde estableceu unha xunta organizadora na que se integra tamén o enxeñeiro ferrolán Andrés Comerma. O 11 de marzo de 1885 propúxolle ao Concello de Barcelona a organización dunha exposición universal, sen financiamento público, en troques da cesión temporal dos terreos (200.000 m²) e dos dereitos de explotación, acordo que asina o 9 de xuño co alcalde Francesc Rius i Taulet.

En 1887 Serrano Casanova demostrou a súa incapacidade para levar un proxecto desa envergadura e foi apartado do proxecto a cambio dunha indemnización. Segundo os seus biógrafos Juan Prados Tizón e Jaume Roulón Lluís, a manobra respondía a un interese do concello por controlar o proxecto, no que a burguesía local viu a posibilidade de obter cuantiosos beneficiosPRADOS, J. e ROULÓN, J. Serrano de Casanova, un nedense universal, Concello de Neda, 2010.. En maio de 1888 púidose finalmente realizar a exposición, pero sen a súa presenza. A partir dese momento converteuse en propietario de dous balnearios na provincia de Xirona.

Faleceu en 1920 en Barcelona e foi soterrado nunha foxa común no cemiterio de Montjuïc.

Vida persoal Casou e tivo un fillo. Dúas bisnetas forman o dúo musical Hermanas Serrano.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Militares carlistas Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Neda Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1920