"Boris" é unha canción da banda estadounidense de sludge metal Melvins, aparecida no seu álbum de 1991 Bullhead. Debido a súa extrema baixa velocidade e guitarras repetitivas adoita considerarse un tema de doom metal. A canción é unha das favoritas dos seareiros de Melvins e aparece no libro/álbum retrospectivo Neither Here Nor There e no álbum ao vivo Alive at the F*cker Club. O grupo xaponés de doom/drone metal Boris colleu o seu nome desta canción. O tema foi versionado por Isis e Agoraphobic Nosebleed no álbum tributo de 2005 We Reach: The Music of the Melvins.
Categoría:Cancións