José Martínez Pereiro, nado en Noia en 1888 e finado na Coruña o 12 de setembro de 1957,La Voz de Galicia, 13-9-1957, p. 3. foi un avogado galego que exerceu de mestre, avogado e director do xornal El Ideal Gallego entre 1931 e 1936.

Traxectoria Nado nunha familia burguesa de Noia, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Un dos seus irmáns, Manuel Martínez Pereiro, foi Inspector Xeral de Traballo e Secretario Nacional de Acción Católica.ABC O seu curmán de segundo grao,http://dawsr.wordpress.com/2010/01/22/alejandro-rodriguez-cadarso/ Alejandro Rodríguez Cadarso, foi un destacado político noiés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago ata a súa morte en 1933.

Ademais de exercer de avogado, José Martínez Pereiro traballou como mestre de escola no Porto do Son e Ribadeo antes de instalarse definitivamente na cidade da Coruña. Alí traballou para a Deputación provincial e foi nomeado deputado provincial en 1929. Dende 1927 e durante a Segunda República española traballou como director do xornal El Ideal Gallego.ABC Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado redactor xefe de La Voz de Galicia en agosto de 1937.El Compostelano, 23-8-1937, p. 2. No franqusimo foi letrado asesor do Concello da Coruña.

Faleceu dun infarto en 1957.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información na hemeroteca do diario ABC.

Mi bisabuelo y la Segunda República Española

Categoría:Avogados de Noia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1957