Christopher Ryan Goss, nado o 17 de agosto de 1958, é un músico e produtor estadounidense. Traballa sobre todo con bandas de stoner rock e hard rock. É, ademais, guitarrista e vocalista da súa propia banda, Masters of Reality, co que leva ravados cinco álbums de estudio.

A súa carreira comezou en 1981, cando fundou Masters of Reality, pero dende entón prestou máis atención aos grupos que produciu e apadrinou. Entre os artistas que produciu destacan Kyuss, Queens of the Stone Age, Soulwax ou Melissa Auf der Maur.

Artistas que produciu ou co-produciu The Eighties Matchbox B-Line Disaster The Flys I Love You Kyuss Masters of Reality Mark Lanegan Melissa Auf der Maur Nebula Queens of the Stone Age Soulwax Slo Burn UNKLE

Álbums nos que apareceu 1996 - Dust de Screaming Trees 1998 - Queens of the Stone Age de Queens of the Stone Age 2000 - Spirit\Light\Speed de Ian Astbury 2000 - Cocaine Rodeo de Mondo Generator 2000 - Rated R de Queens of the Stone Age 2001 - Vol. 7&8 de The Desert Sessions 2002 - Songs for the Deaf de Queens of the Stone Age 2003 - Vol. 9&10 de The Desert Sessions 2003 - Here Comes That Weird Chill de Mark Lanegan Band 2004 - Auf der Maur de Melissa Auf der Maur 2005 - I Got a Brand New Egg Layin' Machine de Goon Moon 2005 - Lullabies to Paralyze de Queens of the Stone Age 2007 - Licker's Last Leg de Goon Moon 2007 - Era Vulgaris de Queens of the Stone Age

Categoría:Produtores musicais Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América‎ Categoría:Nados en 1958