miniatura|dereita|Alfabeto ahom. O ahom é unha lingua extinta, da familia tai, que falaban os tai ahomTermo cuñado en 1968 por Padmeshwar Gogoi, historiador da Universidade de Guwahati, na súa obra Tai and the Tai Kingdoms with a Fuller Treatment of the Tai-Ahom Kingdom in the Brahmaputra Valley. no alto Assam, India.
Características Actualmente calcúlanse entre 1Maya Bradley Language Endangerment and Language Maintenance: An Active Approach, Routledge, 2002, páxina 100 e 8 millónsEthnologue de assameses de orixe tai ahom no Val do Bahmaputra, aínda que non todos se recoñecen como tales.
A lingua extinguíuse entre o século XVIII e comezos do XIX, a fins do século XIX comezou un movemento para a recuperación da lingua e da identidade ahom. A Ban Ok Pup Lik Mioung Tai (Asociación Literaria dos Tai Orientais) é a principal asociación de promoción da lingua coas súas clases e publicacións.
Escrita e literatura O alfabeto ahom que deriva do brami, ten 41 letras (18 vogais e 23 consoantes). Os reis ahom estableceron un xénero literario único na India, a crónica en prosa (buranji), ata o século XVII en lingua ahom.
Historia A lingua ahom orixinouse no Yunnan, no suroeste da China, dende alí emigraron ata o norte de Birmania. En 1228The Cambridge Economic History of India, Cambridge University Press, 1983, páxina 92 os tai ahom invadiron e conquistaron o val baixo do Brahmaputra, gobernando Assam ata o século XVIII dende Sibsagar, a súa capital, o ahom foi a lingua da corte ahom ata o século XVII, logo o assamés ocupou o seu lugar. O ahom só se mantivo para a escrita de textos relixiosos e utilízano uns poucos deodhais para as súas cerimonias relixiosas Yasmin Saikia Fragmented Memories:Struggling to be Tai-Ahom in India, Duke University Press, 2004, páxina 22 pero sen comprenderen gran parte dos textos Terwiel. Recreating the Past: Revivalism in Northeastern India. Bijdragen - Journal of the Royal Institute of Linguistics and Anthropology, 1996, 152:284
Estudos O primeiro estudo sobre o ahom fíxose para o volume II do Linguistic Survey of India (1903), pero o informante Golap Chandra Barua malia coñecer a escrita ahom era incapaz de descifrala e inventou os rudimentos da lingua que aparecían nese estudo Terwiel e Wichasin Tai Ahoms and the Stars: Three Ritual Texts to Ward Off Danger, SEAP Publications, 1992, páxina 3, que serviu de guía para diversos traballos como o Ahom-Assamese-English Dictionary publicado polo propio Barua en 1920, tamén el traduciu os buranji ahom ao inglés en 1930, aínda que con todo aprendera léxico do shan, do grupo do ahom, a súa versión está chea de erros produto do descoñecemento da lingua.
Intentos de revitalización Na década de 1960 apareceu un movemento que reinvicaba a identidade tai ahom, ata aquel momento considerada só parte do pasado, nun primeiro momento este movemento centrouse en recuperar o seu uso nalgúns rituais dos tai ahom, como o do matrimonio (chaklong), cerimonias relixiosas, a demanda dirixida ao primeiro ministro da India en 1968 de creación dun Estado Ahom que incluiría os distritos de Sibsagar e Lakhimpur, o aumento das relacións culturais con Tailandia. A partir de finais da década de 1980 apareceu o interese por revitalizar a lingua, en 1987 Nomal Chandra Gogoi publicou The Assamese English Tai Dictionary, no que o tai aparecía escrito na escrita ahom.Terwiel e Wichasin Tai Ahoms and the Stars: Three Ritual Texts to Ward Off Danger, SEAP Publications, 1992, páxinas 5 e 6. A Ban Ok Pup Lik Mioung Tai fundada en 1987 publicou uns poucos libros e folletos nunha versión moderna do ahom como Kham Seng (1992) e a primeira obra literaria do ahom moderno Moang Fi (1993), que recolle trece cancións.Chow Nagen Hazarika. Ahom Language: Its typology, language contact and historical implications in Southeast Asian languages, Eleventh Annual Meeting of the Southeast Asian Linguistics Society, 2001
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O ahom no Ethnologue .
Categoría:Linguas tai Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Revitalización lingüística