Baikonur (en kazako Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Kazakhstán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sir Daria.
Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur e foi oficialmente bautizada como Baikonur polo presidente ruso Boris Eltsin o 20 de decembro de 1995. Durante o período soviético ás veces era referida como Звездоград (Zvezdograd), en ruso "Cidade das Estrelas".
A Baikonur orixinal (en kazako "terra fértil con moitas herbas") é unha localidade mineira situada 320 km ao nordés do cosmódromo, preto de Dzhezkazgan na exión de Karagandy. Dende o lanzamento do Vostok 1 en abril de 1961, a área de lanzamentos recibiu este nome para causar confusión e manter a súa situación en segredo. Os habitantes da Baikonur orixinal aproveitáronse da confusión para encargar e recibir materiais antes de que as autoridades descubrisen o erro.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Baikonur
Categoría:Cidades de Kazakhstán