Praga () é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,7 millóns de habitantes. A cidade ten un clima oceánico temperado, con veráns relativamente quentes e invernos fríos.
Situada á beira do río Moldava, é un centro económico, político e cultural de Europa central que conta cunha rica historia. Praga desenvolveuse a partir do século IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximes nazi e soviético. Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado.
Praga é o fogar de numerosas atraccións culturais, moitas das cales sobreviviron a violencia e a destrución que padeceu Europano século XX. Entre elas salientan o castelo de Praga, a ponte de Carlos, a praza da cidade vella co Reloxo Astronómico, o barrio xudeu, o outeiro de Petřín e Vyšehrad. Dende 1992, o centro histórico da cidade foi incluído na lista da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade ten dez grandes museos, xunto con numerosos teatros, galerías, cinemas e outros lugares históricos. Un sistema público e moderno conecta toda a cidade e conta cunha gran variedade de institucións educativas públicas e privadas, incluíndo a Universidade Carolina de Praga, a máis antiga universidade de Europa central.
Praga está clasificada como unha cidade global "alpha" segundo estudos de GaWC e foi clasificada no sexto posto na lista mundial de Tripadvisor como mellores destinos de 2016. En 2019, a cidade clasificouse no posto 69 das cidades máis habitables do mundo de acordo con Mercer. No mesmo, o indicador PISCA clasficou a Praga como a décimo terceira cidade máis habitable do mundo. A súa rica historia convértena nun destino turístico popular, e no ano 2017 recibiu máis de 8,5 millóns de visitantes. En 2017, Praga clasificouse como a quinta cidade máis visitada de Europa, despois de Londres, París, Roma e Istanbul.
Etimoloxía Segundo a Crónica de Kosmas (en checo: podle Kosmovy kroniky) a princesa Libuše aconsellou aos seus súbditos que o lugar máis axeitado para asentarse atoparíano alá onde un home labrase un limiar (en checo: práh) do que derivaría Praha, o nome da cidade.
Outros historiadores opinan que o nome da capital ten a súa orixe na palabra eslava prga, que significa "fariña torrada", debido á aridez do lugar elixido para construír o castelo. Por último algúns opinan que a orixe é a palabra checa prahy que significa "rápidos" polos rápidos do río Moldava, en cuxas beiras se atopa a cidade.
Historia Durante os máis de mil anos de existencia de Praga, a cidade medrou a partir dun asentamento que se foi estendendo dende o Castelo de Praga ao norte até a fortaleza de Vyšehrad ao sur, converténdose na capital multicultural dun moderno estado membro da Unión Europea: a República Checa.
Idade Antiga miniatura|esquerda|220px|Estatua adicada a Libuše e a Přemysl. Os primeiros vestixios no lugar no que hoxe se atopa Praga datan do Paleolítico. O primeiro asentamento estable considérase que foi o dunha tribo celta cara ao ano 200 a. C., establecida no sur da actual Praga. A poboación chamábase Závist, no presente un suburbio de Praga,Dovid Solomon Ganz, Tzemach Dovid (3rd edition), part 2, Warsaw 1878, pp. 71, 85 (available online ) e déronlle nome á rexión de Bohemia, que quere dicir "fogar do pobo boii". A finais do século I a tribo foi substituída polos marcomanos e, posiblemente, os suevos, ambos os pobos xermánicos. No século VI, durante o período das invasións bárbaras trala caída do Imperio Romano, os marcomanos migraron cara ao oeste ou foron asimilados polos eslavos. Durante un breve período de tempo foron conquistados tamén polos ávaros.
Segundo as lendas, Praga foi fundada por Libuše e o seu esposo, Přemysl, fundador da dinastía do mesmo nome. Xa sexa verdade ou non a lenda, o primeiro núcleo coñecido de Praga foi un oppidum de madeira erixido ao redor do ano 800. Este oppidum foi a base dende a que se construíu o que dende o ano 855 se coñece como Castelo de Praga. A parte do Castelo, había outra fortaleza en Praga, o castelo de Vyšehrad que, aínda que parece máis antigo, foi construído cara ao século X, uns setenta anos máis tarde que o Castelo de Praga.
Máis tarde, o Castelo de Praga estaría dominado pola catedral, que aínda que foi fundada en 1344 non se completou até o século XX. A cidade converteríase entón na sede dos duques, posteriormente reis, de Bohemia. Baixo o emperador Odón II a cidade converteuse en bispado en 973, e elevada a arcebispado en 1344. Xa dende os seus primeiros anos foi un importante centro para o comercio, estabelecéndose nela mercadores de toda Europa, incluíndo moitos xudeus, como lembra no ano 965 o comerciante e viaxeiro xudeu Abraham ben Jacob. Desa época sobrevive a Sinagoga Staranová de 1270. Praga posuía tamén un importante mercado de escravos.
A primeira ponte sobre o río Moldava foi erixida polo rei Ladislau II en 1170, a Ponte de Judith, nomeada na honra da súa muller Xudite de Turinxia, que foi destruída por unha crecida en 1342. Con todo, hoxe aínda quedan algúns restos dos cimentos orixinais da ponte. En 1257, baixo goberno do rei Otakar II, foi fundado Malá Strana (Barrio Pequeno) no lugar dunha antiga vila. Máis tarde converteríase no distrito de Hradčany. Este barrio pertencía aos xermánicos, os cales tiñan o dereito de administrar autonomamente as súas propias leis. Este novo barrio, rodeado por murallas e fortificacións, está na beira oposta da Staré Město (Cidade Vella).
A era de Carlos IV miniatura|esquerda|As preciosas Xoias da Coroa de Bohemia son as cuartas máis antigas de Europa. miniatura|220px|Unha das torres da Ponte de Carlos. miniatura|Estatua adicada a Jan Hus na Praza de Staré Město en Praga. Praga floreceu durante o reinado no século XIV (1346-1378) de Carlos IV, emperador do Sacro Imperio Romano e Rei de Bohemia da nova dinastía dos Luxemburgo. Como Rei de Bohemia e Emperador do Sacro Imperio, transformou Praga nunha capital imperial. Ordenou a construción da Cidade Nova (Nové Město) adxacente á Cidade Vella (Staré Město) e cun deseño feito por el mesmo. A Ponte de Carlos, en substitución da ponte de Xudit destruída durante unha inundación xusto antes do seu reinado, levantouse para conectar os distritos marxe dereita con Malá Strana e a zona do castelo. En 1347 fundou a Universidade Carolina, a universidade máis antiga de Europa Central. Tamén comezou en 1344 a construción da Catedral gótica de San Vito no maior dos patios do Castelo de Praga, sendo Praga elevada a arcebispado ese mesmo ano.
A cidade tiña unha casa da moeda, e era un centro de intercambio entre banqueiros alemáns e italianos e os comerciantes. A orde social, con todo, fíxose máis turbulenta debido ao crecente poder dos gremios dos artesáns (a miúdo desgarrados entre eles mesmos por loitas internas), e o crecente número de persoas pobres. O Muro da Fame, unha muralla de fortificación ao sur de Malá Strana e a zona do castelo, foi construída durante un período de fame na década de 1360. Esa obra ten fama de ser ordenada por Carlos IV como medio para proporcionar emprego e comida aos traballadores e as súas familias. Praga era entón a terceira cidade máis grande de Europa.
Carlos IV morreu en 1378. Durante o reinado do seu fillo, o rei Venceslau IV (1378-1419), produciuse un período de intensa axitación. Durante a Semana Santa de 1389, os membros do clero de Praga acusou aos xudeus de profanar a Hostia (oblea eucarística) e alentaron ás multitudes a saquear, desvalixar e queimar o barrio xudeu. Case toda a poboación xudía de Praga (3.000 persoas) morreu.
Jan Hus, teólogo e reitor da Universidade Carolina, predicou en Praga; en 1402, comezou a dar sermóns na Capela de Belén. Inspirado por John Wycliffe (percusor da Reforma protestante), estes sermóns centrábanse no que se consideraban reformas radicais dunha Igrexa corrupta. Despois de volverse demasiado perigoso para a organización política e relixiosa, Hus foi citado ante o Consello de Constanza e sometido a xuízo por herexía, sendo finalmente queimado na fogueira na propia Constanza en 1415.
Catro anos máis tarde tivo lugar a Primeira Defenestración de Praga, cando o pobo se rebelou baixo o mando do sacerdote praguense Jan Želivský. A morte de Hus, xunto co proto-nacionalismo checo e proto-protestantismo, estimulou as guerras husitas. Os campesiños rebeldes, encabezados polo xeneral Jan Žižka, xunto coas tropas husitas de Praga, derrotaron ao Emperador Sexismundo, na Batalla de Vítkov.
Nos seguintes dous séculos, Praga fortaleceu o seu papel como cidade comercial. Nesa época foron erixidos moitos dos notables edificios góticos do Castelo de Praga.
A era dos Habsburgo miniatura|esquerda|220px|A Batalla da Montaña Branca. En 1526, os estados bohemios elixiron como novo gobernante a Fernando I de Habsburgo, polo que Praga foi capital dunha provincia austríaca. O catolicismo fervente dos membros da dinastía xerou conflitos, primeiro en Bohemia e logo en Praga, onde as ideas protestantes ían gañando popularidade. Con todo, estes problemas non foron salientables durante o goberno do emperador Rodolfo II, nomeado Rei de Bohemia en 1576. Rodolfo II elixiu como residencia o Castelo de Praga onde, aínda que invitou tamén a astrólogos e magos, recibiu a científicos, músicos e artistas. O emperador era tamén amante da arte, convertendo a Praga na capital da cultura europea. Este período foi de grande esplendor para a cidade, algúns dos máis famosos habitantes desa época foron os astrónomos Tycho Brahe e Johannes Kepler, o pintor Arcimboldo, os alquimistas Edward Kelley e John Dee ou a poetisa Elizabeth Jane Weston, entre outros.
En 1618, a elección de Fernando II de Habsburgo, católico, como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e guindados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como a Segunda Defenestración de Praga. Estes feitos desembocaron na guerra dos Trinta Anos, un período especialmente duro para Praga e Bohemia en xeral. Tralo comezo da confrontación Fernando II foi deposto, e o seu lugar como Rei de Bohemia ocupouno por Frederico V, Elector Palatino. Con todo, o exército checo baixo o seu mando foi esmagado no Batalla da Montaña Branca (1620) e, en consecuencia, Fernando II regresaría ao trono. Posteriormente a cidade sufriría a guerra contra Saxonia (1631) e contra Suecia (1648), o que produciu un descenso da poboación, pasando dos 60.000 de antes da guerra a 20.000. Na segunda metade do século XVII a poboación Praga comezou a medrar de novo. Os xudeus, que chegaron a Praga a finais século X, supoñían en 1708 ao redor dun cuarto da poboación.
miniatura|250px|Gravado que representa a defenestración de Praga de 1618.