miniatura|Liberty Hyde Bailey. Liberty Hyde Bailey, nado en South Haven (Míchigan) o 15 de marzo de 1858 e finado en Ithaca (Estado de Nova York) o 25 de decembro de 1954, foi un botánico estadounidense.

Traxectoria Estudou na Michigan Agricultural College e alí tamén deu clases ata que marchou en 1888 á Universidade Cornell en Ithaca, Nova York, onde foi director da escola de agricultura. Está considerado o pai da socioloxía e xornalismo rural. En 1903 foi un dos fundadores da Sociedade Americana de Horticultura. Bailey foi un dos primeiros especialistas do xénero Carex, sobre o que publica numerosos artigos científicos. Foi o editor da The Standard Cyclopedia of Horticulture (6 volumes, 1914-1917)

Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Míchigan Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Profesores da Universidade Cornell