Jean-Sylvain Bailly, nado en París o 15 de setembro de 1736 e finado na mesma cidade o 12 de novembro de 1793, foi un político e astrónomo francés, un dos líderes da Revolución francesa, foi guillotinado durante o reino do terror.
Traxectoria Fillo dun pintor do rei, debido á influencia de Nicolas de Lacaille interésase pola astronomía, calcula a órbita do cometa Halley cando apareceu en 1759, en 1763 foi elixido membro da Academia Francesa de Ciencias. Escribiu Histoire de l'astronomie ancienne en 1775 e Histoire de l'astronomie moderne (1779-1782). Elixido deputado para os Estados Xerais de 1789, foi o presidente do Terceiro Estado e dende o 17 de xuño presidente da Asemblea Nacional, alcalde de París durante a Comuna (1789-1791), a orde de dispersar aos manifestantes do Champ-de-Mars 17 de xullo de 1791 que provocou 50 mortos, fíxoo impopular e en novembro dimitiu e retirouse en Nantes, arrestado en Melun, rexeita testemuñar no proceso contra María Antonieta, xulgado en París foi condenado á guillotina.miniatura|Jean Sylvain Bailly|centro
Categoría:Políticos de Francia Categoría:Nados en París
Categoría:Nados en 1736 Categoría:Finados en 1793