O hierático (do grego ἱερατικός, "sagrado") é unha forma cursiva dos xeróglifos exipcios usada por primeira vez durante a I dinastía (2995 - 2775 a. C.). A escrita hierática realizouse sempre con tinta e xunco, normalmente sobre papiro ou óstraca. Desde o 660 a. C. o demótico substituíu o hierático para os usos laicos, ficando este relegado aos usos relixiosos.

Realmente, a escrita hierática é un segundo nivel de simplificacion dos xeróglifos. O primeiro serían os xeróglifos lineares, que son versións simplificadas dos xeróglifos que gardan o seu valor representativo. Os caracteres hieráticos xa non representan obxectos, senón que son signos arbitrarios, parecidos ás letras dun alfabeto.miniatura|400px|Desenvolvemento da escrita hierática a partir dos xeróglifos segundo Champollion.|centro Véxase tamén

Lingua exipcia Xeróglifo exipcio Demótico exipcio Alfabeto copto

Categoría:Antigo Exipto Categoría:Sistemas de escrita

sv:Hieroglyfer#Hieratisk skrift