"Good Morning, Herr Horst" é unha canción da banda de garage rock sueca Mando Diao, editado só en Alemaña como segundo sinxelo do seu álbum Ode to Ochrasy no ano 2006. Herr Horst é un alemán sen fogar que vive en Estocolmo, famoso por tocar a harmónica dun xeito moi peculiar. "Carbon Place" é a primeira canción editada da banda coas letras en sueco. "Spit On Your Love" foi tamén incluída como cara-b no EP "The Wildfire (If It Was True)".
Listaxe de cancións Todos os temas por Björn Dixgård e Gustaf Norén. "Good Morning, Herr Horst (Single Edit)" 2:15 "Carbon Place" 3:56 "Spit On Your Love" 3:31 "White Wall (Live)" 3:07 "Long Before Rock 'N' Roll (Live Video)" "Interview (Video)"
Categoría:Sinxelos de 2006 Categoría:Composicións musicais de garage rock