Wolfmother é unha banda australiana de hard rock formada en Erskineville, Sydney no ano 2000. Orixinalmente estivo formada polo vocalista e guitarrista Andrew Stockdale, o baixista e teclista Chris Ross e o batería Myles Heskett, e xuntos editaron un álbum de estudio, Wolfmother, que acadou o número 3 en Australia, o 22 nos Estados Unidos e o 25 no Reino Unido. No ano 2007 a banda gañou o Grammy á mellor actuación de hard rock pola canción "Woman", e en agosto do 2008 Ross e Heskett deixaron a banda, aínda que Stockdale anunciou que continuará Wolfmother con novos membros.

Despois dun breve hiato, Stockdale volveu cunha nova formación en xaneiro do 2009 composta polo baixista e teclista Ian Peres, o guitarrista rítmico Aidan Nemeth e o batería Dave Atkins. O primeiro traballo da nova formación, titulado Cosmic Egg, foi editado o 23 de outubro do 2009. Atkins deixou o grupo en abril do 2010 despois dunha extensa xira e foi substituñido por Will Rockwell-Scott, da banda estadounidense de garage rock The Mooney Suzuki.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Wolfmother 2005 Modular Recordings Cosmic Egg 2009 Modular Recordings New Crown 2014 autoeditado Victorious 2016 UMe

EPs Wolfmother - 2004 (Modular) Dimensions - 2006 (Interscope)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de stoner rock Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de Sydney Categoría:Grupos musicais formados en 2000