miniatura|dereita
Hashim Thaçi, nado en Burojë (Skënderaj) o 24 de abril de 1968, é un político e ex-guerrilleiro kosovar, que foi primeiro ministro de Kosovo entre 2008 e 2014 e presidente de Kosovo entre 2016 e 2020. Foi presidente do Partido Democrático de Kosovo (PDK) dende a súa creación en 1999 ata 2016.
Antigo líder do grupo guerrilleiro Exército de Liberación de Kosovo, Thaçi é reclamado pola xustiza serbia desde 1997 polas súas actividades paramilitares.Biografía de Hashim Thaçi , Centro de Estudios Internacionales . Está considerado terrorista por Serbia e polo Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos.«Terrorist Organization Member Profile: Hashim Thaci », UMD.edu . En 2020 o Tribunal Especial para Kosovo con sede na Haia acusouno de crimes de guerra e crimes contra a humanidade, o que provocou a súa dimisión da presidencia do país.
Traxectoria Despois de graduarse, Thaçi cursou estudos de posgrao sobre Historia de Europa Suroriental no Departamento de Relacións Internacionais da Universidade de Zürichh. Durante a súa etapa universitaria, foi un dos líderes estudantís albaneses, e o primeiro estudante presidente da Universidade de Pristina paralela, creada en 1989 como ruptura coa Universidade de Pristina por mor do boicot dos albaneses de Kosovo ao novo estatuto imposto por Slobodan Milošević a Kosovo e Metohija.
UÇK e guerra de Kosovo A principios da década de 1990 foi membro da resistencia pasiva contra Belgrado. Ante a falta de resultados, fundou canda a outros membros o Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). A pesar da fundación do Partido Democrático de Kosovo, o UÇK seguiu utilizando a violencia e a intimidación a rivais políticos para manter o control da rexión. Condenado por un tribunal serbio a 22 anos de cárcere por actos de terrorismo, refuxiouse en Suíza, onde rematou estudos de Ciencias Políticas. Trala Guerra de Kosovo apareceu na conferencia de Rambouillet (1999), postulándose como líder dos negociadores albanokosovares, co apoio dos EUA.
miniatura|Hashim Thaçi xunto a George W. Bush e Fatmir Sejdiu (anterior presidente de Kosovo) na Casa Branca o 21 de xullo de 2008, despois da declaración unilateral de independencia.|250px
Eleccións de 2007 Nas eleccións kosovares do 17 de novembro de 2007 o PDK venceu co 34 % dos votos, pactando coa Liga Democrática de Kosovo (do Presidente Fatmir Sejdiu). A participación nos comicios foi especialmente baixa por mor do boicot da minoría serbia. Hashim Thaçi garantiu a súa intención de declarar a independencia de Kosovo o 10 de decembro, día fixado pola ONU para a fin das negociacións con Serbia. Foi proclamado Primeiro Ministro o 9 de xaneiro de 2008.
Malia que o 19 de novembro de 2007 a Unión Europea advertira a Thaçi e os seus aliados albaneses que non levasen a cabo a declaración de independencia sen realizar antes unha consulta, o 17 de febreiro de 2008 declarou unilateramente a independencia da República de Kosovo, co recoñecemento inmediato dos Estados Unidos, a condena por parte de Rusia e división na UE"Kosovo proclama unilateralmente su independencia" . Artigo en La Vanguardia, 17 de febreiro de 2008 ..
Notas
Véxase tamén
Categoría:Primeiros ministros de Kosovo Categoría:Nados en Kosovo Categoría:Nados en 1968