Plataforma per Catalunya (PxC) é un partido político de Cataluña, cuxo núcleo político é a crítica das políticas de inmigración catalás. É cualificado de xenófobo e ultradereitista. A Plataforma, identificáse como un partido identitario e populista.

Historia e características O programa político de PxC baséase na oposición á inmigración islámica, que considera unha ameaza para os principios democráticos imperantes na sociedade catalá, e reclama a aplicación de "tolerancia cero" ante a delincuencia e o terrorismo, a defensa dos valores tradicionais da familia e a protección do medio ambiente. O partido propón unha regulación máis sólida ante a inmigración.

Nas eleccións municipais de 2003 obtivo un 10% de votos na cidade barcelonesa de Vic, cidade da cal é natural o seu fundador, Josep Anglada. Nas eleccións autonómicas de 2003 chegou a reunir case 5.000 votos en toda Cataluña, sendo estas as súas primeiras eleccións, o que non abondou para entrar no parlamento catalán.

Tralas eleccións municipais de 2007, PxC ten concelleiros en sete localidades catalás: Vic, Manresa, Manlleu, e Roda de Ter (Barcelona), Cervera e Sant Martí de Riucorb (Lleida), Olot (Xirona) e Vendrell (Tarragona).

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Plataforma per Catalunya

Categoría:Partidos políticos de Cataluña Categoría:Extrema dereita en Cataluña Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España