(55565) Aya (designación provisional: 2002 AW197) é un obxecto trans-neptuniano (TNO). Foi descuberto por Michael E. Brown e o seu equipo o 10 de xaneiro do ano 2002. Está clasificado coma cubewano. As medicións feitas co Telescopio Espacial Spitzer confirmaron que Aya é un fundado candidato a planeta anano. Está situado preto do Abismo de Kuiper.
Candidato a planeta anano As observacións da emisións termais feitas polo Spitzer Space Telescope no 2007, dánlle a Aya un diámetro duns 734(+116 -108) km e un albedo de 0,117(+0,04 -0,03). O tamaño mínimo estimado para ser un planeta anano é duns 400 km de diámetro.
Superficie A análise do ESO do espectro electromagnético revela unha forte liña no vermello e non amosa a presenza de xeo de auga (en contraste con Quaoar, que tamén é vermello) suxerindo a presenza de material orgánico.
Distancia Actualmente está a 46,5 UAs respecto do Sol e acadará o seu afelio ó redor do ano 2079.
Notas
Cruikshank, D., et al. High Albedo KBO (55565)2002 AW197, The Astronomical Journal Letters, 624,53 (maio de 2004). Abstract Doressoundiram, A.; Barucci, M. A.; Tozzi, G. P.; Poulet, F.; Boehnhardt, H.; de Bergh, C.; Peixinho, N. Spectral characteristics and modeling of the trans-neptunian object (55565) 2002 AW197 and the Centaurs (55576) 2002 GB10 and (83982) 2002 GO9: ESO Large Program on TNOs and Centaurs. Planetary and Space Science, 53, Issue 14-15, p. 1501-1509 (2005). Abstract
Véxase tamén
Outros artigos Lista de candidatos a planeta anano Planeta anano Ligazóns externas AstDys elementos orbitais Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris
Categoría:Cubewanos Categoría:Candidatos a planeta anano