José Camilo Fariñas Viso, nado cara a 1951, é un político galego, alcalde da Arnoia entre 2009 e 2015.

Traxectoria Carpinteiro de profesión. Concelleiro desde 1999 e tenente de alcalde da Arnoia, foi elixido alcalde en maio de 2009 ao deixar o cargo Rogelio Martínez González por ser nomeado delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Arnoia e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 non se presentou á reelección por motivos de saúde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Arnoia

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes da Arnoia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido