Xaquín García Couso, nado en Arzúa en 1953, é un político galego que vinculado ao BNG.
Traxectoria Estivo emigrado en Barcelona, onde quitou o título de profesor de autoescola. Encabezou a candidatura do BNG en Arzúa nas eleccións municipais de 1995 e de 1999 logrando 2 e 4 concelleiros, respectivamente, e sendo a segunda formación máis votada tralo PPdeG. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura do BNG, logrando 5 concelleiros, e foi elixido alcalde co apoio dos 2 concelleiros do PSdeG-PSOE cos cales gobernou en coalición ata maio do 2004El alcalde de Arzúa rompe el pacto y destituye a los ediles socialistas. www.abc.es, 21/05/2004. , gobernando dende entón en minoría. Nas municipais de 2007 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato pertenceu ó Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)Organigrama Consello Federal . www.fegamp.org, sen data.. Non puido presentarse ás municipais de 2011 porque a Xunta Electoral da Zona de Santiago o declarou "inelixible" ao ser condenado "en sentenza non firme, por un delito contra a Administración pública"., polo que foi substituído como candidato nacionalista e posteriormente como alcalde polo seu compañeiro Xosé Luís García López. Tras un progresivo afastamento do seu partido e do seu sucesor (o cal pasou a ser independente), pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, encabezando a súa candidatura en Arzúa nas municipais de 2019 (seu irmán fixérao no 2015), logrando 1 concelleiro e formando parte da oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arzúa
Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes