Saturnino Mirón Gutiérrez, máis coñecido como Nino Mirón, nado en La Franca (Ribadeva) en 1952, é un empresario galego da construción inmobiliaria.

Traxectoria É presidente do grupo empresarial Nino Mirón, fundado en 1984. Abrangue as empresas Nino Mirón y Xiabre, S.L. (construtora), Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., Provipo, S.L. e Joaquín Costa 18, S.L. (promotoras), Gestvedra, S.L. (hostalaría), e Ibersolar Inversiones S.L. (participada).

É afeccionado ao ciclismo e foi presidente do Pontevedra CF entre 2001 e xaneiro de 2011. En xuño de 2007 converteuse en propietario do equipo ao facerse máximo accionista na conversión en Sociedade Anónima Deportiva, co 52 % das accións.

O 5 de abril do ano 2016 a Garda Civil identificouno como presunto autor dun roubo no seu propio chalé de Sanxenxo.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Ribadeva Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presidentes do Pontevedra CF