Manuel Jesús González Capón, nado en Baralla o 25 de decembro de 1951 e finado o 1 de xullo de 2019, foi un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Encabezou a candidatura da Coalición Popular nas eleccións municipais de 1983,BOP Lugo, 14-4-1983, p. 5. e foi elixido concelleiro. Foi alcalde de Baralla por Alianza Popular, con maioría absoluta, nas municipais de 1987. Nas eleccións de 1991, revalidou a maioría absoluta co PP e a mantivo até as eleccións locais de 2019 en que volveu saír elixido como alcalde con maioría absoluta mais, despois de tomar posesión do seu cargo o 15 de xuño, o día 28 dese mesmo mes renunciou a el por motivos de saúde. Faleceu tres días despois da renuncia, e foi elixido para o posto o seu fillo, Miguel González Piñeiro.
Tamén foi deputado provincial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Baralla
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2019