Senén Pousa Soto, nado en Beade o 27 de marzo de 1939 e finado o 2 de novembro de 2023, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi agricultor. En 1974 foi nomeado alcalde de Beade. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións por AP (logo PPdeG), sempre con maioría absoluta. Tamén foi vogal da directiva provincial do PPdeG de Ourense e tesoureiro da Mancomunidade do Ribeiro. Foi deputado provincial na Deputación de Ourense entre xullo e novembro de 2007. Accedeu no lugar de Rogelio Martínez González, alcalde da Arnoia, que non puido incorporarse inicialmente debido á repetición das eleccións nunha mesa do seu concello. Unha vez producida a repetición e constituída a corporación, Pousa e tres suplentes dimitiron para favorece-lo regreso de Martínez á Deputación.

Pousa era coñecido polo seu hábito de encargar cada 20 de novembro unha misa funeral en memoria de Francisco Franco. A pesar das mocións da oposición, Pousa negouse a cumprir a Lei de Memoria Histórica cambiándolle o nome a unha rúa dedicada ó ditador. A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Nas eleccións municipais de 2023, foi descartado como candidato pola dirección provincial do PPdeG, polo que concorreu á fronte da Agrupación de Electores por Beade coa cal conseguiu tan só un concelleiro mentres que a súa anterior formación resultou a máis votada con tres concelleiros, polo que lle cedeu o bastón de mando ó novo candidato desta, Fernando Taboada.

Vida persoal

Estaba casado e tivo dous fillos. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Beade

Categoría:Alcaldes de Beade Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Deputados provinciais de Ourense

Categoría:Nados en Beade

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2023

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes