Talín ou Tallin (en estoniano: Tallinn, antigamente: Reval) é a capital e a cidade máis poboada de Estonia. Situada nunha baía do norte do país, na beira do golfo de Finlandia do mar Báltico, ten unha poboación de aproximadamente 461 000 habitantes (segundo datos de 2025) e atópase administrativamente no condado de Harju. Talín é o principal centro gobernamental, financeiro, industrial e cultural de Estonia. Atópase a 187 km ao noroeste da segunda cidade máis grande do país, Tartu; porén, só a 80 km ao sur de Helsinqui, Finlandia, tamén a 320 km ao oeste de San Petersburgo, Rusia, a 300 km ao norte de Riga, Letonia, e a 380 km ao leste de Estocolmo, Suecia. Desde o século XIII ata a primeira metade do século XX, Talín foi coñecida na maior parte do mundo polas variantes do seu outro nome histórico, Reval.
Talín recibiu os dereitos da cidade de Lübeck en 1248; porén, a evidencia máis antiga de asentamentos humanos na zona remóntase a hai case 5 000 anos. A poboación nativa medieval do que hoxe é Talín e o norte de Estonia foi unha das últimas civilizacións "pagás" de Europa en adoptar o cristianismo despois das cruzadas do norte sancionadas polo Papa no século XIII. A primeira reclamación rexistrada sobre o lugar foi presentada por Dinamarca despois dunha incursión exitosa en 1219 dirixida polo rei Valdemar II, seguida dun período de alternancia de gobernantes escandinavos e teutóns. Debido á situación estratéxica á beira do mar, o seu porto converteuse nun importante centro comercial, especialmente entre os séculos XIV e XVI, cando Talín adquiriu importancia como a cidade membro máis ao norte da Liga Hanseática. A cidade vella de Talín é unha das cidades medievais mellor conservadas de Europa e está catalogada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
En 2012, Talín tiña o maior número de novas empresas por persoa entre todas as capitais e cidades máis grandes de Europa. Talín é o berce de moitas empresas internacionais de alta tecnoloxía, incluíndo Skype e Wise. A cidade é o fogar da sede da axencia IT da Unión Europea, e do Centro Cooperativo de Excelencia en Ciberdefensa da OTAN. En 2007, Talín figuraba entre as 10 mellores cidades dixitais do mundo, e en 2022 tamén figuraba entre as mellores 10 "cidades europeas medianas do futuro".
Nomes e etimoloxía O nome de Tallinn ([ˈtɑlʲːinː]) é estoniano. Considerouse amplamente unha derivación histórica de Taani-linna, que significa "castelo danés" (en latín: Castrum Danorum), posiblemente porque os invasores daneses construíron o castelo no lugar do bastión de Estonia despois da batalla de Lyndanisse de 1219.
miniatura|esquerda|A primeira bandeira danesa que caeu do ceo durante a batalla de Lyndanisse (Talín), o 15 de xuño de 1219. Pintado por C. A. Lorentzen en 1809.A saga islandesa de Njáls (composta despois de 1270, pero que describe acontecementos entre 960 e 1020) menciona un acontecemento que ocorreu nalgún lugar da zona de Talín e chama ao lugar Rafala (probablemente unha derivación de Rävala, Revala ou algunha outra variante do nome estoniano do condado estoniano medieval adxacente). Pouco despois da conquista danesa en 1219, a cidade pasou a ser coñecida nas linguas escandinavas e alemás como Reval (en latín: Revalia).
No uso internacional, o Reval; en inglés e alemán, así como o análogo en ruso Revel (Ревель) foron substituídos gradualmente polo nome estoniano despois de que o país se independizase en 1918. Ao principio, empregáronse ambas as formas estonianas, Tallinna e Tallinn.Tallinna denota tamén o caso xenitivo do nome, como en Tallinna Sadam ("o porto de Tallinn").
Henrique de Livonia, na súa crónica (arredor do ano 1229), chamou á cidade co nome que tamén se sabe que foi empregado polos escandinavos ata o século XIII: Lindanisa (ou Lyndanisse en danés,(en danés) En 1219, Valdemar II de Dinamarca, liderando a frota danesa en relación coa cruzada de Livonia, desembarcou na cidade estoniana de Lindanisse.(en alemán) Reval's ältester Estnischer Name Lindanisse, Verhandlungen der gelehrten estnischen Gesellschaft zu Dorpat. Band 3, Heft 1. Dorpat 1854, p. 46–47 Lindanäs en sueco e Ledenets no antigo eslavo oriental).
En 1154, unha vila chamada (QlwnFasman, The Geographer's Library, pp.17 ou Quwri) quedou rexistrada na descrición do mundo no mapamundi (Kitāb Rūŷar) encargado polo rei normando Roxelio II e compilado polo cartógrafo árabe Muhammad al-Idrisí, quen a describiu como "unha vila pequena cun gran castelo" entre as vilas de 'Astlanda'. Suxeriuse que unha posible transcrición, 'Qlwn', pode denotar un predecesor da cidade moderna"A glance at the history and geology of Tallinn" by Jaak Nõlvak. En Wogogob 2004: Conference Materials e pode estar relacionado dalgún xeito cun topónimo Kolyvan, que foi descuberto a partir de crónicas eslavas posteriores. Porén, varios historiadores consideraron erróneo, infundado ou especulativo conectar calquera dos topónimos de al-Idrisi co Tallin moderno.
Historia
Os primeiros vestixios arqueolóxicos da presenza dunha pequena comunidade de cazadores-pescadores no que hoxe é o centro da cidade de Talín teñen arredor duns 5 000 anos de antigüidade. A olaría do peite atopada no lugar data do -3 000 e a cultura da olería cordada aproximadamente do -2 500. miniatura|O escudo de Talín representa a cruz da bandeira de Dinamarca.|esquerda|113x113px Ao redor do ano 1050 construíuse unha fortaleza no que hoxe é o centro de Talín, no outeiro de Toompea. Como porto estratéxico nunha importante ruta comercial entre Novgorod e Europa Occidental, converteuse nun obxectivo para a expansión dos cabaleiros teutónicos e do Reino de Dinamarca durante o período das cruzadas do norte a principios do século XIII, cando o cristianismo se impuxo pola forza á poboación local. O rei de Dinamarca conquistou Talín e o norte de Estonia en 1219.
En 1285, Talín, daquela coñecida como Reval, converteuse no membro máis setentrional da Liga Hanseática, unha alianza mercantil e militar de cidades dominadas polos alemáns no norte de Europa. O rei de Dinamarca vendeu Reval xunto con outras posesións terrestres no norte de Estonia aos cabaleiros teutóns en 1346. Reval foi sen dúbida o porto medieval máis importante do golfo de Finlandia. Reval gozaba dunha posición estratéxica na encrucillada do comercio entre o resto de Europa Occidental con Novgorod e o Gran Ducado de Moscova no leste. A cidade, cunha poboación duns 8 000 habitantes, estaba moi ben fortificada con murallas e 66 torres de defensa. As murallas da cidade foron descritas como un exemplo destacado da arquitectura de fortificación medieval alemá.
En 1530 colocouse un catavento coa figura dun vello guerreiro chamado Vello Tomás, enriba do chapitel do concello de Talín. O Vello Tomás converteuse máis tarde nun símbolo popular da cidade. 600px|esquerda|miniatura|Vista da cidade de Talín (Reval) e o porto en 1650. Nos primeiros anos da Reforma protestante, a cidade converteuse ao luteranismo. En 1561, Reval (Talín) converteuse nun dominio de Suecia.
Durante a Gran Guerra do Norte de 1700 a 1721, Talín, asolada pola peste, xunto coa Estonia sueca e Livonia capitularon ante o Tsarato ruso en 1710, pero as institucións locais de autogoberno (a maxistratura de Reval e a cabalaría de Estonia) conservaron a súa autonomía cultural e económica dentro da Rusia Imperial como Gobernación de Estonia. A maxistratura de Reval foi suprimida en 1889. O século XIX trouxo a industrialización da cidade e o porto mantivo a súa importancia.
O 24 de febreiro de 1918 proclamouse en Talín a Declaración de Independencia de Estonia. Foi seguida pola ocupación imperial alemá ata o final da primeira guerra mundial en novembro de 1918, trala que Talín se converteu na capital da Estonia independente. Durante a segunda guerra mundial, Estonia foi ocupada por primeira vez polo exército soviético e anexionada á URSS no verán de 1940, logo ocupada de novo pola Alemaña nazi de 1941 a 1944. Cando as forzas alemás chegarom, quedaban uns 1 000 xudeus na cidade. Case todos os cales morrerían no Holocausto a mans dos nazis antes do fin da guerra. Durante a ocupación alemá Talín sufriu moitos bombardeos aéreos da forza aérea soviética. Durante o bombardeo soviético máis destrutivo do 9 ao 10 de marzo de 1944, máis de mil bombas incendiarias foron lanzadas sobre a cidade, causando incendios xeneralizados, matando a 757 persoas e deixando sen abrigo a máis de 20 000 habitantes. Despois da retirada alemá en setembro de 1944, a cidade foi ocupada de novo pola Unión Soviética. miniatura|Rúa Harju da cidade vella de Talín tralo bombardeo aéreo soviético en marzo de 1944.
Durante os Xogos Olímpicos de Moscova de 1980, os eventos de vela (entón coñecidos como náutica) celebráronse en Pirita, ao nordés do centro de Talín. Moitos edificios, como a torre de televisión de Talín, o hotel "Olümpia", o novo edificio da Oficina Principal de Correos e o Centro de Regatas, construíronse para os Xogos Olímpicos.
En 1991, a nación democrática independente de Estonia quedou restaurada e produciuse un período de rápido desenvolvemento como capital europea moderna. Talín converteuse de novo na capital dun país independente de facto o 20 de agosto de 1991. A cidade vella converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1997, e a cidade foi sede do Festival da Canción de Eurovisión de 2002. Talín foi a Capital Europea da Cultura de 2011 e recibiu o Premio Capital Verde Europea de 2023. A cidade comprometeuse a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% para 2030 e enorgullécse da súa biodiversidade e da súa alta calidade do aire. Pero os críticos din que o premio foi recibido por falsas promesas xa que gañou o título co seu concepto de "cidade de 15 minutos", segundo o cal as instalacións e servizos clave deberían estar accesibles nun paseo de 15 minutos a pé ou en bicicleta, pero o concepto quedou fóra do programa de capital verde e outras partes do programa de 12 millóns de euros supoñen unha colección de proxectos temporais e puntuais sen ningún cambio estrutural.
Xeografía miniatura|Vista aérea da cidade cos seus lagos e costa. miniatura|Río Härjapea en 1889. Talin está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Talín (porto de Muuga).
O maior lago de Talín é o lago Ülemiste (9,44 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O lago Harku é o segundo maior lago de Talín cunha área de 1,6 km². O único río significativo de Talín hoxe en día é o río Pirita, no distrito da cidade homónimo de Pirita. Historicamente, un río máis pequeno, chamado Härjapea, fluía desde o lago Ülemiste a través da cidade ata o mar, pero o río foi desviado ao sistema de sumidoiros subterráneos na década de 1930 e desde entón desapareceu completamente da paisaxe urbana. As referencias a el aínda permanecen nos nomes das rúas Jõe (de jõgi, que significa río en estoniano) e Kivisilla (de kivi sild, ponte de pedra).
A lonxitude da costa é de 46 km e comprende tres penínsulas máis grandes (Kopli, Paljassaare e Kakumäe). A cidade ten varias praias públicas, incluíndo as de Pirita, Stroomi, Kakumäe, Harku e Pikakari.
O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado en Hiiu, no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade. Un gran penedo de pedra calcaria atravesa a cidade. Pódese ver en Toompea, Lasnamäe e Astangu. Non obstante, o outeiro de Toompea, a pesar do seu protagonismo, non está xeoloxicamente ligado á formación de cantís calcarios máis grandes.