Uptown Avondale é un EP da banda estadounidense The Afghan Whigs, editado en 1992 polo selo Sub Pop Records. Contén versións de 4 temas clásicos da época Stax/Motown. Ten tamén unha remestura da súa canción "Milez Is Ded" como canción oculta.
Listaxe de cancións "Band Of Gold" "True Love Travels On A Gravel Road" "Come See About Me" "Beware" "Rebirth Of The Cool"
Categoría:EPs musicais de 1992 Categoría:EPs de Sub Pop Records