Na mitoloxía grega, Mente (tamén Menthe, Menta ou Minte; en grego antigo Μένθη Ménthē) era unha ninfa asociada ao río Cocito. Foi o amor ilícito de Hades, o deus do inframundo, ata que o descubriu Deméter, nai da celosa esposa de Hades, Perséfone. Unha destas dúas deusas golpeouna tan terriblemente que Mente se desintegrou. Dos seus restos Hades (ou segundo outras fontes, a propia deusa) creou daquela a planta da menta.
Véxase tamén
Bibliografía Estrabón, viii.3.14. Ovidio, Metamorfoses x.728–731 . Graves, R. (1955; ed. rev. 1960), Os mitos gregos Tomo I (Londres: Penguin) 31.d (p 121), 31.d.nota 6 (p. 124). Kerényi, K. (1967). Eleusis: Archetypal Image of Mother and Daughter, pp. 40, 179f (Princeton: Bollingen).
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega Categoría:Seres mitolóxicos