Chelsea Kane Staub, nada en Phoenix (Arizona) o 15 de setembro de 1988, é unha actriz e cantante estadounidense.
Traxectoria O seu primeiro papel protagonista foi no filme de 2007 Bratz: The Movie, pero é máis coñecida pola interpretación que realiza desde 2008 de Stella Malone na comedia de situación de Disney Channel Jonas L.A.. Ela tamén apareceu nos filmes de Disney, Minutemen (2008) e Starstruck (2010). Tamén coprotagoniza a serie de animación Fish Hooks onde pon a voz a Stephany. O 8 de decembro de 2010 mudou o seu nome artístico de Chelsea Staub a Chelsea Kane.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Arizona Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Arizona Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Phoenix