Gonzalo Hermo González, nado en Taragoña (Rianxo) o 24 de febreiro de 1987, é un poeta, filólogo, profesor e tradutor galego.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Galega en 2010, e doutorouse en Lingüística Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 2010 coa tese O Tombo de tenzas primeiro (ACS CF 17) (1352-1412): estudo completo e edición das vinte e cinco primeiras tenzas, con especial atención ao elemento onomástico, dirixida por Ana Boullón. Impartiu docencia nas universidades de Santiago de Compostela e na Universitat Autònoma de Barcelona. Vive en Barcelona, traballa no sector editorial e é profesor do curso anual de poesía da Escola de Lletres de Tarragona.

Os seus primeiros textos de creación viron a luz en revistas coma Dorna, Andar 21 ou Nova Ólisbos. En 2008 publicou unha colectánea de poemas na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe baixo o título Escola do resentimento.

Publicou varios libros de poemas. Pola súa obra, recibiu, entre outros, o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia (2010), o Premio da Asociación Española de Críticas Literarios (2015), o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández (2015) ou o Premio de Poesía Afundación (2018).

Participou nos festivais internacionais de poesía de Córdoba (Arxentina), Ottawa (Canadá), Barcelona e Mallorca, entre outros. Ademais, traduce poesía galega contemporánea e é membro fundador da editora-libraría-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela.

Traballou no Instituto da Lingua Galega, e é membro das Redes Escarlata.

Obras Poesía Crac (2011). Cangas: Barbantesa. 66 páxs. ISBN 9788493885915. Celebración (2014).Tradución ao catalán por Adrià Targa co título Celebració (Godall Edicions, 2016) e ao español por Miriam Reyes (La Bella Varsovia, 2017). A Coruña: Apiario. 60 páxs. ISBN 978-8494321009. A vida salvaxe (2018). PEN Clube de Galicia. 98 páxs. ISBN 978-84-09-05966-9. Foi traducida ao catalán.

Un xesto de tenrura (2025). Santiago: Chan da pólvora. ISBN 9791399117028. Narrativa Diario dun enterro (2019). Vigo: Editorial Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-418-3.

Obras colectivas Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013). Poesía. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013). Poesía. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega, 2015). Poesía. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015). Poesía. No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.

Tradución Ningún precipicio, de Olalla Cociña (Madrid: Diminutos Salvamentos, 2017). Ao español. Permaxeo, de Eva Baltasar i Sardà (Kalandraka, 2020).

Premios Primeiro premio de poesía do Certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia no 2010. Primeiro premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por O pracer. Segundo premio no III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2014, por Marchamos. Premio da Crítica de poesía galega no 2014, por Celebración. Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no 2015, por Celebración. Premio de poesía Afundación no 2018, por A vida salvaxe. Premio Narrativa Breve Repsol no 2019, por Diario dun enterro. Premio de poesía Miguel González Garcés en 2024 por Un xesto de tenrura.Gonzalo Hermo gaña o Premio González Garcés de poesía

Notas

Véxase tamén

Entrevistas e gravacións

Gonzalo Hermo en Página Dos, de Televisión Española Entrevista a Gonzalo Hermo en Vértice de Versos

Book-tráiler de Celebración Ligazóns externas Entrevista en Insula europea Escola do Resentimento, blog do autor Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Galegos de Cataluña

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do galego Categoría:Nados en Rianxo

Categoría:Nados en 1987