Xasoso é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Linda ao oeste con Salvande e ao norte con Guende. No linde con Guende sitúase un posible asentamento defensivo de época medieval, o Castrallón de Xasoso.

Demografía Tiña 10 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 5 eran mulleres. No 2009 eran 17 habitantes: 11 homes e 6 mulleres.

Paisaxe Núcleo tradicional disperso de vivendas localizadas ao longo dunha pista que cruza o núcleo de leste para oeste. Predomina a vivenda nova e tipo chalé sobre a tradicional de pedra, bastante deteriorada.

Existen 2 hórreos catalogados.

Os cultivos existentes son pequenas hortas e árbores froiteiras, e pastos, carballos e eucaliptos.

Servizos urbanísticos ServizoTipoAbastecemento de augaTraídaSaneamentoPozo negroElectricidadeSiIluminación públicaSiTelefoníaSiRecollida de lixoSiTransporteNon

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Baña

Parroquias da Baña

Categoría:Lugares da Baña