Vesía é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente acusada descendente en dirección sueste.
Demografía Tiña 33 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 habitantes: 19 homes e 26 mulleres.
Paisaxe Núcleo non tradicional con dúas zonas: unha concentrada bastante tradicional e outra dispersa non tradicional. Na zona concentrada hai un predominio da casa rural de pedra, bastante deterioriada. Na zona dispersa predomina a casa nova e tipo chalé de grandes dimensións.
Existen 6 hórreos, a maioría en bo estado de conservación.
Atópanse pequenas hortas e froiteiras, pastos e milleirais, e piñeiros, carballos, castaños e eucaliptos.
Servizos urbanísticos ServizoTipoAbastecemento de augaTraída e pozo de barrenaSaneamentoPozo negroElectricidadeSi (Aérea)Iluminación públicaSiTelefoníaSiRecollida lixoSiTransporteSi (Escolar)
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Baña
{| id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%" |Lugares da antiga parroquia da San Salvador da Baña no concello da Baña (A Coruña)|| |- |align=center| Liñares | San Salvador | Vesía | Vilarnovo
Parroquias da Baña
Categoría:Lugares da Baña