Alessandro Baricco, nado en Turín o 25 de xaneiro de 1958, é un escritor italiano.
Traxectoria É autor de varias novelas, coas que obtivo numerosos premios literarios, entre eles o Premio Médicis Étranger en Francia e os Campiello, Viareggio e Palazzo del Bosco en Italia. Sobre a súa novela Seda realizouse en 2007 unha película dirixida por François Girard e protagonizada por Michael Pitt e Keira Knightley.
Tamén ten escrito contos e guións cinematográficos.
Obra Castelli di rabbia, 1991. Oceano mare, 1993. Seda (Seta), 1996. Tradución de María Cristina González Piñeiro, 2005. City, 1999. Senza sangue, 2002. Omero, Iliade, 2004. Questa storia, 2005. Emaús (Emmaus), 2009. Tradución de Carlos Acevedo, 2010. La storia di Don Giovanni, 2010. Mr Gwyn, 2011 Tre volte all'alba, 2012 Smith & Wesson, 2014 La Sposa giovane, 2015
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Facebbok oficial
Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en Turín Categoría:Nados en 1958