José Luis Mendilibar Etxebarria, nado en Zaldibar (Biscaia) o 14 de marzo de 1961, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol, que dende 2024 dirixe o Olympiacos do Pireo. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Como xogador Mendilibar iniciouse no fútbol xogando no Bilbao Athletic até 1982. Foi contratado polo CD Logroñés por tres tempadas, até que en 1985 foi contratado polo Sestao Sport Club, equipo no que xogou durante sete campañas. A tempada 1993–94 foi a súa derradeira campaña como futbolista, xogando para o SD Lemona. Nunca chegou a competir en Primeira División.

Como adestrador Tras retirarse dos terreos de xogo, Mendilibar iniciouse como adestrador en 1994 como técnico do Arratia, club no que permaneceu dous anos. En 1996 foi contratado polo Athletic Club para dirixir as súas categorías inferiores, posto que deixará en 1999. Tras dous anos sen adestrar, foi contratado en 2001 para dirixir ao CD Aurrerá de Vitoria, club no que permaneceu unha tempada.

En 2002 foi contratado polo UD Lanzarote, co que logra acadar a fase de ascenso a Segunda División ese mesmo ano. Na tempada 2003–04 o equipo realiza a mellor campaña da súa historia, quedando na primeira posición. En 2004 foi contratado polo SD Eibar, co que estivo a piques de lograr o ascenso a Primeira División. Grazas á labor realizada, o Athletic Club faise cos seus servizos de cara á tempada 2005-06, mais a mala racha de resultados provocaron a súa destitución antes do final da primeira volta.

No verán de 2006 foi contratado polo Real Valladolid, converténdose no ecuador do campionato dese mesmo ano como líder destacado da Segunda División e conseguindo matematicamente o ascenso a Primeira a falta de 8 xornadas para a conclusión do campionato. O 1 de febreiro de 2010 foi destituído como adestrador do Valladolid, sendo substituído por Onésimo Sánchez, adestrador do filial."Onésimo sustituye a Mendilibar"

O 14 de febreiro de 2011 anunciouse a súa contratación polo CA Osasuna, en substitución de José Antonio Camacho."Osasuna anuncia la destitución de Camacho"

Palmarés Sevilla UEFA Europa League (1): 2022/23. Olympiacos F.C. UEFA Europa Conference League (1): 2023/24.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com  Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Zaldibar Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do Sestao Sport Club Categoría:Xogadores do SD Lemona Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CD Baskonia Categoría:Adestradores do Bilbao Athletic Categoría:Adestradores do SD Eibar Categoría:Adestradores do Athletic Club Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do CA Osasuna Categoría:Adestradores do Levante UD Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do Sevilla FC