Don't ask, don't tell, (en galego, Non pregunte, non diga) é a expresión coa que se coñece popularmente a política sobre homosexualidade das forzas armadas dos Estados Unidos de América desde 1993 até decembro de 2010, que establecía a lexislación federal (10 U.S.C. § 654) e que foi revogada pola Cámara de Representantes o 16 de decembro de 2010 e polo Senado dos Estados Unidos de América o 18 de decembro de 2010EE UU acaba coa discriminación aos gais no Exército, O País, 18 de decembro de 2010, consultado o mesmo día. e derrogada polo presidente, Barack Obama, o 22 de decembro.

A lei prohibía a calquera homosexual ou bisexual revelar a súa orientación sexual ou falar de calquera relación homosexual, incluíndo matrimonios ou lazos familiares, mentres estivesen a servir no exército, a menos que se producise algunha das excepcións establecidas no apartado 10 U.S.C. § 654 (b). Por outra banda "non preguntar" implica a prohibición que se establece para os superiores de iniciar calquera indagación ou investigación sobre a orientación sexual dos membros do servizo se non se exhibe o comportamento prohibido.Modificación H.R.2401 de 1994 A lei prohibía a calquera que "manifeste a súa tendencia ou tente manter prácticas homosexuais" servir nas forzas armadas dos Estados Unidos, porque "podería crear un risco inaceptable para os altos estándares morais, a boa orde e disciplina, e a cohesión da unidade que é a esencia da capacidade militar."

Modificación Esta política introduciuse por ser un compromiso electoral de Bill Clinton durante a campaña presidencial de 1993, que prometeu que se permitiría a todos os cidadáns fose cal fose a súa orientación sexual servir no exército, xa que até entón había unha completa prohibición para os que non fosen heterosexuais. A lei foi elaborada por Colin Powell e foi mantida polas administracións seguintes.

Debido á presión da opinión pública non se despenalizou a homosexualidade nas forzas armadas, mantívose a prohibición mais garantiuse que se non se producirían indagacións no proceso de recrutamento nin posteriormente. Basicamente fai innecesario ter que mentir para ingresar e seguir no exército, mais obriga a manter en segredo a orientación sexual e calquera relación homosexual.

Historia Durante a guerra de independencia castigábase a sodomía, entón definida como sexo oral ou anal, coa expulsión deshonrosa. O primeiro rexistro de tal expulsión é de 1778, cando o tenente Frederick Gotthold Enslin foi expulsado con deshonra,William Benemann, (2006). Male-Male Intimacy in Early America: Beyond Romantic Friendships. Haworth Press, ISBN 1-56023-345-1 coa aprobación de George Washington, polos cargos de sodomía e perxurio. O código militar seguiu mantendo o delito de sodomía, pero non foi até 1942 cando as forzas armadas consideraron apartar totalmente aos homosexuais, por medio de filtros no proceso de recrutamento e investigacións internas. Así todo aquel acusado de ser gai ou bisexual era obxecto de sanción pola lei de sodomía e expulsado con deshonra por medio da sección 8 do código militar, sen recibir ningún dos beneficios estipulados para os veteranos.

As cifras sobre eficacia do proceso de segregación durante o recrutamento desde os anos 1940 até os anos 1980 aínda se discute, algúns homes finxiron ser homosexuais durante a guerra de Vietnam para librarse de pertencer ao continxente e moitos homosexuais lograron eludir o filtro mentindo. Por exemplo, fíxoo nos anos 1950 o médico Tom Dooley que se fixo famoso polo seu labor anticomunista e humanitaria en Vietnam. A súa homosexualidade era un segredo a voces e, finalmente, foi obrigado a dimitir.

A armada encargou un primeiro estudo oficial sobre orientación sexual e as regulacións navais. O informe presentado en 1957 titulado Informe de abordo designado para preparar e presentar recomendacións ao secretario da armada para a revisión das políticas, procedementos e directivas que incumben aos homosexuais, máis coñecido como o informe Crittenden, revelaba que os identificados como gais non presentaban máis risco para a seguridade que os identificados como heterosexuais, e non atopou indicios racionais para excluílos da armada, aínda que non recomendou ningún cambio nas regulacións debido á moralidade da sociedade.

Ademais das normas oficiais, os gais foron a miúdo obxecto de varios tipos de acoso por parte dos seus compañeiros de servizo con obxecto de facerlles abandonar o exército ou que se delatasen eles mesmos aos investigadores. O máis infame deste tipo de acosos era o denominado blanket partie (festa da manta), que consistía en que durante a noite nos barracóns un individuo tapaba a cabeza da vítima cunha manta mentres outros lle golpeaban, a miúdo brutalmente e con consecuencias fatais, por exemplo ocorreu no caso do oficial de telecomunicacións de terceira clase da armada Allen R. Schindler, Jr., asasinado o seu compañeiro de barco Terry M. Helvey, coa axuda dun cómplice, citado polo presidente Clinton cando se aprobou a norma do Don't Ask, Don't Tell. Posteriormente a esta reforma introduciuse outra, o "don't pursue, don't harass" (non persigas, non acoses) prohibindo oficialmente este tipo de comportamento, pero, segundo algúns informes, este tipo de prácticas non se erradicou.

A presión sobre os homosexuais tamén variaba en función da necesidade de persoal. Así, en tempos de guerra flexibilizábanse as normas. Até 1981 existiu en todos os corpos das forzas armadas a regra denominada "queen for a day" (raíña por un día) que permitía, discrecionalmente, permanecer no exército a aquel acusado de homosexualidade que afirmase que só ocorreu unha vez. Casos como estes déronse especialmente durante a guerra de Vietnam.

Durante os anos 1970 houbo moitos recursos nos tribunais cuestionando as regulacións sobre homosexualidade do exército con certo éxito, especialmente cando o demandante fora aberto sobre a súa homosexualidade desde o principio ou por mor de aplicarse a regra "queen for a day". En consecuencia, en 1981, o Departamento de Defensa estableceu unha nova regulación sobre a homosexualidade destinada a rexeitar as apelacións nos tribunais, por medio de regulacións e argumentos uniformes e claros que fixesen da condición de homosexual unha causa xustificable de expulsión do exército (Directiva DOD 1332.14 (Listaxe de separacións administrativas), xaneiro de 1981):

A directiva xustificaba a política de expulsión e eliminaba a regra de "queen for a day" que favorecera as demandas contra as forzas armadas. Asimilaba a homosexualidade con outras incapacidades para o servizo o que orixinaba que a expulsión do servizo deixase de ser con deshonra e pasase a ser por unha licenza con honras. Esta norma tamén foi obxecto de numerosas demandas xudiciais, aínda que o tribunal supremo dos Estados Unidos rexeitou valorar a súa constitucionalidade, preferindo que o tratasen cortes menores e que o congreso se pronunciase sobre o asunto.

Nos 1980 varios dos candidatos demócratas á presidencia expresaron o seu interese en cambiar as normas referentes á homosexualidade nas forzas armadas, e como a maioría da sociedade cambiara a súa opinión sobre a homosexualidade empezou a mostrar o seu apoio a que os homosexuais estivesen nas forzas armadas, considerando as investigacións sobre a orientación sexual dos soldados como cazas de bruxas. O tema dos gais no exército converteuse nun asunto de campaña nas eleccións presidenciais de 1992, cando Clinton prometeu que eliminaría esta prohibición do exército.

En 1992 o Consello Xeral dos Estados Unidos realizou un informe titulado Xestión de Forzas de defensa: Política do DOD sobre homosexualidade. GAO/NSAID-92-98, que resumía as políticas da directiva DOD sobre homosexualidade e as súas razóns. O informe tamén incluía citas dun estudo previo non publicado de 1988 sobre a DOD que chegaba a conclusións similares ás do informe Crittenden de 1957. En 1993 os dous informes publicáronse xunto cos argumentos dun xeneral das forzas armadas defendendo as teses da directiva DOD en contra do levantamento do veto.

A oposición no congreso ao levantamento da prohibición foi liderada polo senador demócrata de Xeorxia Sam Nunn que organizou varias vistas no congreso onde se defendía a posición do exército para manter o veto da directiva de 1981. Mentres que o apoio do congreso á reforma liderada polo congresista, tamén demócrata, Barney Frank de Massachusetts, que loitou por un compromiso, e o senador republicano retirado Barry Goldwater, que argumentou para a completa retirada da prohibición. Tras o bloqueo das liñas telefónicas do congreso por chamadas de xente que se opuña á retirada da prohibición, o presidente Clinton deu un paso atrás na súa promesa electoral de levantar totalmente o veto aos homosexuais nas forzas armadas. Ao final aprobouse un compromiso intermedio o "Don't Ask, Don't Tell". Oficialmente as prácticas homosexuais seguen prohibidas pero o compromiso dita que o exército deixaría de preguntar no proceso de recrutamento pola orientación sexual e comprometíase a non investigar a vida sexual privada dos soldados. E, pola súa banda, os homosexuais teñen a obrigación de non realizar prácticas sexuais durante o seu servizo, non revelar a súa condición sexual ou facer nada que a revele, como casar con alguén do seu mesmo sexo; se o incumpren serían licenciados.

O 13 de setembro de 2005 o Centro de estudo das minorías sexuais no exército un think tank da Universidade Santa BarbaraCenter for the Study of Sexual Minorities in the Military , renomeado o 23 de outubro de 2006 como Michael D. Palm Center ) sacou a noticia de que existía unha norma de FORSCOM de 1999 (Regulation 500-3-3) que permitía na despregadura de reservistas do exército e tropas da garda nacional seguir en activo aos que digan ser gais ou sexan acusados de ser gais. O portavoz das forzas armadas Kim Waldron posteriormente confirmou a existencia da norma indicando que se tentaba previr que os reservistas e os membros da garda nacional escapasen do combate finxindo ser gais.

A norma "Don't ask, don't tell" foi levada ás cortes federais cinco veces, e no tribunal supremo no caso Rumsfeld v. Forum for Academic and Institutional Rights, mantivo por unanimidade que o goberno federal non podía reter os fondos das universidades para forzalas a aceptar recrutadores militares, estas aduciron políticas de non discriminación.

En 1993 o Instituto nacional para investigación da defensa da corporación Rand publicou Orientación sexual e política sobre persoal militar de EEUU: Opcións e avaliación, preparado para a oficina do secretario de defensa.Denominado como MR-323-OSD ISBN 0-8330-1441-2, (13 capítulos, 518 páxinas), onde se analiza a vida dos soldados e avalíase a repercusión da normativa e compárase con outros exércitos.

Derrogación miniatura|dereita|O senado aprobou a revogación por 65 a 31, con todos os demócratas (excepto unha abstención) e 8 republicanos a favor. O 10 de outubro de 2009 o presidente Barack Obama anunciou nun discurso para Human Rights Campaign que acabaría con esta norma. Tras dous intentos frustrados de revogar a lei o 21 de setembro e o 9 de decembro, pola oposición dos republicanos, liderados polo senador John McCain, o Senado dos Estados Unidos revogou a lei por 65 votos contra 31 o 18 de decembro de 2010. Dous días antes, a Cámara de Representantes, 250 votos a favor e 175 en contra, aprobara levantar o veto aos homosexuais.O Congreso levanta a veda do "Don't Ask, Don't Tell" aos soldados homosexuais de EEUU, 20minutos, 16 de decembro de 2010, consultado o 19 de decembro do mesmo ano.

Obama asinou a derrogación o 22 de decembro de 2010. Días antes da derrogación, e coñecida a postura da Cámara de Representantes e o Senado, declarou:

O secretario de Defensa, Robert Gates, asegurou que a administración traballaría con "precaución, método, aínda que con resolución" en aplicar a derrogación.