San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes. Toponimia O topónimo San Cibrao é un haxiotopónimo referido a Cibrán de Cartago e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.

Xeografía Conforma unha península cara ao mar Cantábrico, formada trala unión dunha illa (Porto de Arriba) co continente (Porto de Abaixo ou Figueiras) por mor da acumulación de area. Na Atalaia da península hai un faro. O peirao está protexido por un esporón.

Ten diversas praias, como Cubelas, O Torno (onde desauga o río Cobo) e A Caosa, as dúas últimas Bandeira Azul da Unión Europea. A un quilómetro e medio da costa está o arquipélago dos Farallóns, que abrangue as illas Baixa, Sombriza e Pé.

Historia esquerda|miniatura|Istmo de San Cibrao. miniatura|Museo Provincial do Mar en San Cibrao. Nos séculos XIV e XV a aldea acollía estaleiros de carabelas e unha fábrica de salgado, da que se conservan restos coñecidos como o Castelo mariño.

Vinculado nalgún momento coas fábricas de Sargadelos, o porto de San Cibrao dotouse no século XIX co faro da Atalaia. tamén a mediados do século XIX (1850), unha real Orde constituíu a Aduana de San Cibrao, que funcionou ata o segundo terzo do século XX.

A finais do século XX, a instalación da fábrica de aluminio de Alcoa supuxo a construción do porto de San Cibrao (comercial), dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

No antigo grupo escolar está o Museo do Mar de San Cibrao, dependente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Cultura e lendas As illas Farallóns deron pé á lenda da Maruxaina: un ser metade peixe metade muller, que toca o corno. Segundo as fontes, con boas (para avisar da proximidade dun temporal) ou malas intencións (para facer tolear a xente e que os barcos embarranquen nos Farallóns). En agosto celébrase a festa da Maruxaina, declarada de interese turístico.

En 1997 creouse a asociación cultural Os Aventados, activa na Mariña de Lugo.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Lieiro

Parroquias de Cervo

Categoría:Lugares de Cervo Categoría:Penínsulas de Galicia