O praseodimio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Pr e número atómico 59.

Características O praseodimio é un elemento metálico prateado suave, e pertence ao grupo dos lantánidos. É algo máis resistente á corrosión en aire que o europio, o lantano, o cerio, ou o neodimio, pero desenvolve unha capa verde de óxido cando se rompe ou cando está exposto ao aire, expoñendo máis metal á oxidación. Por esta razón, o praseodimio débese gardar baixo un aceite mineral lixeiro ou selar nun cristal.

Abundancia natural O praseodimio está dispoñible en pequenas cantidades na cortiza terrestre (9,5 ppm). Atópase na monazita e na bastnasita, comprendendo tipicamente preto do 5 % dos lantánidos contidos nestes, e pode ser recuperado por un proceso de intercambio de ións, ou por extracción de líquido de contracorrente.

Aplicacións Os distintos usos do praseodimio son, entre outros: Axente de aliaxe co magnesio para crear os metais de alta resistencia que se utilizan en motores de avión. O praseodimio forma a base das lámpadas de arco de carbón que son empregadas na industria de movemento de imaxes, para a iluminación de talleres e nas luces dos proxectores. Os compostos do praseodimio son usados para dar aos vidros e esmaltes unha cor amarela. O praseodimio emprégase para colorear circonio cúbico dunha cor verde-amarelo. O praseodimio é un compoñente do cristal de didimio, que se usa para facer certos tipos de soldaduras e vidros soprados. O praseodimio aliado con níquel (PrNi5) ten un efecto magneto calórico tan forte que permitiu que os científicos se achegaran a menos dunha milésima de grao do cero absoluto

Isótopos O praseodimio esta composto por un isótopo estable 141Pr. Todos os isótopos radioactivos do praseodimio teñen vidas medias de menos de 5.985 horas e a maioría destes teñen vidas medias de menos de 33 segundos. Este elemento tamén ten seis meta estados, sendo o máis estable 138mPr (t½ 2.12 horas), 142mPr (t½ 14.6 minutos) e 134mPr (t½ 11 minutos).

Precaucións O praseodimio é de toxicidade baixa a moderada e non ten ningún papel biolóxico coñecido.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas WebElements.com - Praseodimio EnvironmentalChemistry.com - Praseodimio It's Elemental - Praseodimio

Categoría:Praseodimio Categoría:Lantánidos