Samuel Mayo Méndez, coñecido como Saúl e Pelayo, nado en Santa María de la Vega (Zamora) en 1924 e finado en Mandaio (Oza Cesuras) o 31 de maio de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Canteiro. Era un antigo militante das Juventudes Socialistas Unificadas e vivía en Olas (Mesía). Foi un dos guerrilleiros enviados a Francia en 1945 para asistir a cursos de formación guerrilleira. Fora enlace da guerrilla e estivo no monte dende 1946. No verán dese ano creou a II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (separándose da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia), da que se converteu en xefe militar con Benigno Fraga Pita como comisario político. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.La Voz de Galicia, 17-9-1946, p. 5. A agrupación foi a responsable de varios asaltos e das mortes dos veciños de Piñor, Montero Cid, falanxista, e Emilio Padrón Cuíñas (o 23 de agosto de 1948); do alcalde de Coles José López Quiroga; e do veciño de Piuca Severo Rubín Pérez.La Voz de Galicia, 19-6-1940, p. 2. Despois da aniquilación da II Agrupación en Chavaga o 20 de abril de 1949 e a morte de Benigno Fraga na serra de San Mamede oito días despois, Samuel Mayo marchou á Coruña, onde se incorporou a IV Agrupación. En maio de 1950 foi abatido pola Garda civil en Mangoño (Oza Cesuras).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Personalidades sen imaxes