O Menora Mivtachim Arena (en ), máis coñecido como A Man de Elías (en hebreo: היכל הספורט יד אליהו, Yad Eliyahu), é unha instalación deportiva adicada especialmente á disputa de partidos de diferentes deportes (principalmente baloncesto) e entretemento, situado na cidade de Tel Aviv, Israel.

Características A Man de Elías é un dos máis míticos pavillóns do baloncesto europeo, acollendo numerosas finais de competicións continentais e sendo a cancha do Maccabi Tel Aviv, un dos clubs europeos máis laureados.

Cunha capacidade para 10 383, á parte do Maccabi Tel Aviv albergou encontros do Hapoel Tel Aviv. É a area de deporte baixo teito máis grande en Israel, polo que aloxa a Final Four israelí (as semifinais e final da Copa de Israel), así como a maioría dos partidos da selección de baloncesto de Israel.

Véxase tamén Outros artigos Tel Aviv Maccabi Tel Aviv B.C.

Ligazóns externas Sitio web oficial do Maccabi Tel Aviv

Categoría:Pavillóns de Israel Categoría:Pavillóns de baloncesto de Israel