Francisco Otero González, nado en Lindín (Mondoñedo)AgroEnlace. Colección de fotos de Riotorto (Lugo) informa da confusión con Guntín. en 1860 e finado en Madrid o 14 de abril de 1880, foi un pasteleiro galego, autor dun atentado frustrado contra os reis Afonso XII e María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Atentado

O 30 de decembro de 1879 ás cinco da tarde, os reis cruzaban a praza de Oriente nun faetón guiado polo rei, precedidos polo correo e coa única compañía do cocheiro, sentado na parte traseira, e dun lacaio. No momento no que o coche entraba no Palacio Real pola porta do Príncipe, Otero, que estivera agardando a súa chegada xunto ás cabaleirizas, fixo dous disparos a curta distancia cunha pistola Lefaucheux de dous canóns cargada con balas de doce adarmes, errando os dous tiros.El Siglo Futuro, 31 de decembro de 1879, recolle as edicións dos principais xornais madrileños da época.

Detido inmediatamente, foi acusado de intento de rexicidio; o tribunal, desestimando a atenuante de alienación mental, condenouno a morte. O rei solicitou o seu indulto, mais o consello de ministros presidido por Antonio Cánovas del Castillo denegouno. En abril do seguinte ano Otero foi executado por garrote e os seus restos enterrados no cemiterio de San Martín.La Correspondencia de España, 15 de abril de 1880, páx. 3.

Notas

Categoría:Criminais Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Executados no garrote vil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos