miniatura|300px|Escudo dos Condes de Lemos, insculpido sobre a porta do palacio condal de Monforte de Lemos; os seis roeles corresponden ó escudo da Familia Castro, e os lobos pasantes á dos Osorio. Pedro Álvarez Osorio Henríquez 2014, p. 113., primeiro Conde de Lemos 2014., nado en 1410 e finado en febreiro de 1483, foi un nobre galego, un dos máis importantes do reino de Galiza durante o século XV.

Traxectoria

Señor de Cabrera e Ribeira e fillo de Rodrigo Álvarez Osorio. Contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1433 coa súa tía Beatriz Henríquez de Castro, quen loitara para recuperar os títulos que o rei Xoán II de Castela confiscara ao seu irmán Fadrique.

O 26 de xuño de 1456 o rei Henrique IV de Castela estipulou por real carta, datada en Sevilla e dirixida á Casa de Lemos, que o título de conde de Lemos -anteriormente ligado ao de Trastámara e Sarria- pasase a ter carácter hereditario por real carta.

Un poema seu aparece recollido no Cancionero general de Hernando del Castillo (Valencia, 1511).

Matrimonios e descendencia Casou dúas veces e tivo un fillo e catro fillas: Con Beatriz Henríquez de Castro tivo un único fillo, Alonso de Castro Osorio. Con María de Bazán tivo catro fillas, Juana Osorio, Constanza Bazán Osorio, María Osorio e Galaor Osorio.

Tivo tamén un fillo con María Constanza de Valcárcel, unha rapaza solteira e de orixe humilde, Rodrigo Enríquez de Castro Osorio e que sería o segundo conde de Lemos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía et al. (1997). Historia xeral de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89138-99-0.

Véxase tamén Irmandiños

Categoría:Condado de Lemos Categoría:Finados en 1483 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Revoltas irmandiñas Categoría:Nobres de Galicia do século XV